Santiso, Lalín
Santiso | |
---|---|
Baldaquino na igrexa de San Román | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′39″N 8°09′52″O / 42.6940985, -8.1645733 |
Área | 3 km² |
Poboación | 256 hab. (2011) |
Densidade | 85,33 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Román de Santiso é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 256 habitantes (128 mulleres e 128 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 290 habitantes.
Santiso foi a primeira parroquia do concello de Lalín en realizar a concentración parcelaria en 1989 e na que naceron o último alcalde republicano de Lalín, Xesús Golmar, e o actor e director Juan Orol.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Santiso está no lugar de Eirexe. Pódense distinguir pequenas elevacións do terreo que parecen delimitar o trazado do recinto, do sector norte do xacemento. A estimación das medidas do xacemento sería duns 100 m de diámetro.[2]
A igrexa de San Román de Santiso é barroca, coroada con balaústre sen pináculos. Conserva un anaco de baldaquino.
A Casa de Velón é unha casa grande, con patio central, capela e pombal.
Festas
[editar | editar a fonte]- Santo Domingo e a Virxe do Rosario.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Santiso, Lalín.
-
Igrexa de San Román de Santiso.
-
Cruceiro de Santiso.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santiso
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santiso no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
A Cruz | Eirexe | Porral | A Riba | Santiso do Fondo | O Seixo | Vila | Vilariño |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Santiso na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.