Parada, Lalín
Parada | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Parada. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′38″N 8°02′12″O / 42.7272531, -8.0365379 |
Área | 11 km² |
Poboación | 76 hab. (2013) |
Densidade | 6,91 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Logo do arranxo parroquial da diocese de Lugo de 1890, que suprimiu a parroquia de San Pedro de Alperiz, esta incorporouse á parroquia de Parada.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Parada está acollido á defensa natural do río Arnego. Confórmase a partir dun recinto principal de forma ovalada cun sutil estrangulamento na zona oriental. O eixo de maior é o N-S, que mide 100 m ao interior e 135 m ao exterior. O eixo L-O ten 80 m no interior e 100 no exterior. Todo o recinto aparece defendido cun terraplén. Na zona occidental hai restos dun parapeto. A zona central da coroa está ocupada por un afloramento de rochas graníticas e xistosas, que levanta entre 3 m e 4 m, reducindo a superficie habitable. Cara ao SSL o terraplén é de maiores proporcións, cunha caída menos vertical que no resto do recinto. Aquí é onde se sitúa a entrada ao recinto principal pola simple interrupción do terraplén. Ao traspasar a entrada accédese a unha área deprimida, delimitada polos bordos do propio terraplén e pola caída sur do afloramento que ocupa o centro do recinto. Esta zona está invadida por cascallos e vexetación, polo que non se poden precisar máis as súas características construtivas.[2]
O regueiro do Ferro segue o curso dun río que levaba a antigas explotacións mineiras. A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego é unha ponte romana.
A antiga igrexa da parroquia (xa desaparecida), mencionada como Parada de Felis, foi unha doazón feita a Carboeiro no ano 928 e estaba construída na cima do castro. No 1750 foi construída a actual igrexa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Parada, Lalín.
-
Portada da igrexa de San Pedro de Alperiz.
-
Cruceiro en Parada.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Parada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Parada no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parada na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.