Alperiz, Parada, Lalín
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alperiz.
Alperiz | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Alperiz. | |
Parroquia | Parada |
Concello | Lalín |
Coordenadas | 42°42′36″N 8°01′56″O / 42.710089929198, -8.0322255370169 |
Poboación | 37 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.
Historia
[editar | editar a fonte]Alperiz foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santa María de Parada. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Alperiz como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[1][2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Pedro de Alperiz.
-
Portada da igrexa de San Pedro de Alperiz.
-
Muro sur da igrexa de San Pedro de Alperiz.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Parada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Parada no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ramos, Rocío (24 de xaneiro de 2016). "Lalín inicia el día 10 el proceso de elección de alcaldes de barrio". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Cajaraville, Héctor (2018). "Cal é o concello galego con maior número de parroquias rurais?" (PDF). cajaraville.eu. pp. 9–12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.