Sello, Lalín
Sello | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Sello. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′35″N 8°07′32″O / 42.7098379, -8.1256679 |
Área | 5 km² |
Poboación | 287 hab. (2017) |
Densidade | 57,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Sello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo IGE, en 2008 tiña 336 habitantes (171 mulleres e 165 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 363 habitantes.
Limita coas parroquias de Filgueira, Erbo, Bermés, Goiás, Palmou e Santiso. A altitude máxima é de 560 metros. Dista 4 quilómetros da vila de Lalín, capital do concello. O seu código postal é 36517.
Economía
[editar | editar a fonte]Unha gran parte dos habitantes da parroquia dedícase á agricultura e á gandería, sendo as explotacións de tamaño medio. Actualmente, a parroquia atópase nos trámites de inicio dunha futura concentración parcelaria.
Entre a década de 1960 e a de 1990 estivo instalada na parroquia de Sello unha importante fábrica de cerámica dedicada á produción de ladrillo.
Antigamente esta parroquia era coñecida pola fabricación de tella de maneira artesanal, en fornos improvisados, como complemento á actividade agraria. Motivo polo cal aos seus habitantes se lles deu en alcumar como barrosos, denominación xa en desuso. Aquelas familias dedicadas á produción deste tipo de cerámica cubrían as súas casas con aquelas tellas con pouca saída comercial (enténdase isto, como pouco ou moi cocidas, de tonalidade distinta á habitual etc), polo que ata hai pouco tempo os tellados de moitas casas posuían un aspecto pintoresco.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sello
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sello no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Barreiro | Barrio | O Burgo | O Casariño | Cima de Sello | Corvillón | Fontecabalos | Horta | As Penas das Valiñas | Sello | Valado | Vilameá | Vilasancho | Xesteira |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sello na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.