Camposancos, Lalín
Camposancos | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Camposancos. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′19″N 8°08′39″O / 42.75519833, -8.14419444 |
Área | 1,2 km² |
Poboación | 92 hab. (2011) |
Densidade | 76,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Camposancos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 92 habitantes (52 mulleres e 40 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Goleta celebrábase unha feira os 10 de cada mes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Cristovo de Camposancos é de estilo románico rural. Ten unha ábsida semicircular e unha singular estrutura do seu arco interior, apoiado en piares saíntes e non en columnas.
O castro da Goleta está na aba do monte Carrio. O castro confórmase a partir dun recinto de forma ovalada e un segundo recinto, polo leste, perceptible só en parte. A coroa ten un eixo maior de orientación E-O que mide uns 95 m no exterior e uns 55 m no interior. No eixo N-S a estrutura mide 80 m ao exterior e uns 50 m no interior. O recinto está defendido por un parapeto que levanta entre 5 e 8 m de altura. As súas características son difíciles de determinar no campo por mor da vexetación, pero segundo o plano topográfico e o modelo dixital do terreo (extraído dos datos LIDAR), parece ter de media uns 5 m de ancho e chega a levantar uns 4 m.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Camposancos, Lalín.
-
Ábsida da igrexa de Camposancos.
-
Portada da igrexa Camposancos.
-
Parede lateral da igrexa de Camposancos.
-
Castro da Goleta.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Camposancos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Camposancos no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Camposancos na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.