Val do Carrio, Lalín
Val do Carrio | |
---|---|
Igrexa de Santo André de Val do Carrio. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′27″N 8°08′07″O / 42.7408908, -8.13522375 |
Área | 3 km² |
Poboación | 61 hab. (2011) |
Densidade | 20,33 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo André de Val do Carrio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE ene 2011 tiña 61 habitantes (32 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]O medievalista Ventura Cañizares del Rey identifica esta parroquia coa vila de Ovali, doada en 968 ao mosteiro de Antealtares, e o lugar de Abonxo co de Abaonio. Nas súas inmediacións topáronse muíños de man, cerámica e outros obxectos.
A Pena de Ouro debe o seu nome ao achado dun tesouro cando se abriu a estrada Lalín-Vila de Cruces.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O Pazo de Val do Carrio, chamado A Casagrande, foi fundado no século XVI como un vínculo da Casa de Cercio, é un dos máis brasonados da Galicia interior, presenta sete escudos coas armas dos Castro, Gil, Varela, Gundín, Salgado, Taboada, Deza, Camba, López de Lemos. A casa-torre foi restaurada ao final dos anos setenta.
A igrexa parroquial, construída no século XVIII como capela familiar, é sinxela pero de elegante factura.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Val do Carrio
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Val do Carrio no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Val do Carrio na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.