Méixome, Lalín
Méixome | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Méixome. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′31″N 8°10′13″O / 42.7085744, -8.1701606 |
Área | 3,9 km² |
Poboación | 131 hab. (2011) |
Densidade | 33,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte coas parroquias de Bermés e Busto, ao sur con Santiso ao leste con Bermés e ao oeste con Madriñán e Noceda. Dista 9 km da capital municipal. Acada unha altitude máxima de 700 m e está bañada polo Rego de Freixo.
Méixome foi a primeira parroquia do concello de Lalín na que se fixo a concentración parcelaria.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da parroquia figura nunha permuta feita co Mosteiro de Carboeiro en 1182, en pleno período románico, o que fai pensar na existencia dunha igrexa orixinaria desta época que foi substituída pola actual.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Méixome, situado na aldea de Castro, xunto ao río en terreo de labranza, está conformado a partir dun recinto de planta lixeiramente ovalada en dirección nordés-suroeste. As súas dimensións son: eixo NL-SO mide 85 m no interior e uns 100 m ao exterior; eixo NO-SL mide 55 m no interior e 85 m no exterior. A altura máxima acadada pola coroa respecto ao exterior é duns 7 m no lado leste. No parapeto do sector setentrional apréciase un tramo de liña de muralla pétrea (nalgúns puntos vese claramente unha anchura de 3 m a 4 m) feita de xisto sen argamasa. Ten parapeto interior no sector setentrional, cuns 4 m ou 5 m de anchura, moi vertical cara ao exterior.[2]
A igrexa parroquial de Santiago de Méixome é de estilo barroco.
Festas
[editar | editar a fonte]As súas festas parroquiais son o 16 e 17 de agosto na honra a San Roque. A primeira fin de semana do mes de outubro toda a parroquia reúnese para realizar a chamada Festa dos Veciños no campo da festa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Imaxes de Santiago e San Roque na igrexa de Méixome.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Méixome
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Méixome no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Castiñeiro | O Castro | Mato | Méixome | Requeixo |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Méixome na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.