Xaxán, Lalín
Xaxán | |
---|---|
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′33″N 8°06′43″O / 42.6756951, -8.1119196 |
Área | 2 km² |
Poboación | 182 hab. (2011) |
Densidade | 91 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María da Saleta de Xaxán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 182 habitantes (98 mulleres e 84 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]A antiga parroquia de San Cristovo da Pena desapareceu na reforma parroquial de 1890 coa creación da parroquia de Santa María das Dores de Lalín. Erixiuse como nova cabeza da freguesía a aldea de Xaxán, edificouse un novo templo e déuselle un novo titular, Santa María da Saleta. O antigo patrón, San Cristovo, segue a ser festexado no novo templo (a igrexa). Na capela tamén hai outro patrón, San Bieito, cunha gran romaría.
Nesta parroquia naceu o alcalde de Lalín Xosé Crespo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Xaxán, tamén chamado da Pena ou de Barreira, é de pequenas dimensións. Ten unha planta circular que presenta as seguintes medidas: no eixo N-S mide 18 m no interior e uns 35 m no exterior. Se se inclúe o foxo, é de 46 m. No eixo O-L mide 22 m no interior e 42 m polo exterior. A altura máxima acadada é duns 1,5 m, no lado leste.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Capela de San Bieito de Xaxán.
-
Local social de Xaxán.
-
Cruceiro de Xaxán.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Xaxán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Xaxán no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xaxán na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.