Banda de música de Mato
Aparencia
Anos de actividade | 1904-1953 |
---|---|
Enderezo | Cercio (Lalín) |
Fundador | Avelino Mato |
A Banda de música de Mato foi unha agrupación musical residente no lugar de Mato, na parroquia de Cercio (Lalín).
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouna no ano 1904 Avelino Mato. Entre os seus directores destacan Contiña ou Grandón. Tamén estivo á fronte da banda José Fernández García, coñecido como José de Mato, que máis tarde dirixiría a refundada banda de Silleda.
Esta agrupación foi coñecida por diversos nomes: Val de Mato, Mato de Val, Cercio ou Palio, denominación que adquiriu na década de 1950 por proceder desta parroquia os seus compoñentes. Desapareceu no ano 1953.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xan Salgueiro (4 de xullo de 2010). "Unha terra de bandas (III)". Faro de Vigo.