Banda Municipal de Agolada
Aparencia
País | Galicia |
---|---|
Anos de actividade | 1993 - actualmente |
Enderezo | Agolada, Ferreiroa, Agolada |
Sitio web | http://bmmagolada.blogspot.com.es/ |
A Banda de música Municipal de Agolada é unha agrupación musical con sede no lugar de Agolada, na parroquia de Ferreiroa, no concello pontevedrés de Agolada.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1993, está considerada como a continuación da Cultural de Brántega, desaparecida nese mesmo ano. O seu primeiro director foi José Manuel Collazo Verde, ao que seguiu en 1994 José Luis Quintás Carreira, que deixaría a batuta no 2007. Neste período viaxou a diversos puntos da Península Ibérica e gañou varios premios, a nivel provincial e galego. Nilo Jesús García Armas fíxose cargo da batuta trala marcha de Quintás, encargándose tamén da dirección da escola de música.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Currículo da banda
- Unha terra de bandas (VII), Faro de Vigo.