Banda de música de Vilatuxe
Auditorio de Vilatuxe, onde ensaia a banda | |
Anos de actividade | 1944-actualmente |
---|---|
Enderezo | Auditorio de Vilatuxe. Ap. 153. 36519 Lalín |
A Banda de música de Vilatuxe é unha agrupación musical fundada en 1944 na parroquia de Vilatuxe, no concello de Lalín.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa fundación correu a cargo de doce mozos en 1944. Nos primeiros anos de vida, pasaron pola dirección Manuel Anseán, Bernardino da Xesta, Eliseo de Muimenta e Xaquín Roldán Siles. En 1951, tomou a batuta Enrique García Rey, compositor de diversas obras como Rapsodia galega núm. 1. Tras el, pasaron Xosé Ochoa, Ricardo Jordán, José Bugallo Diz, José Peña ou Contiña, entre outros.
Pero a emigración de parte dos membros da formación nas décadas seguintes estivo a piques de facer desaparecer a banda. Foi en 1978 cando se inicia unha nova etapa, á que contribuíu en gran parte José Fernández Bernárdez, que fora un dos mozos fundadores. Apareceron as primeiras mulleres na agrupación e esta pasa a denominarse Nova Banda de Vilatuxe, nome que conservou algo máis de trinta anos. José Barros Sada, entre 1978 e 1990; Ramón Vigo Deza, ata 1994; José García Fernández Pachote, ata 1997 e Gregorio Mosteiro, ata 2003 foron os sucesivos directores. Baixo a batuta de Mosteiro, naceu a Escola de Música de Vilatuxe. A este sucedeuno Jaime González, que foi o primeiro director nado en Vilatuxe e ao cal substituíu Víctor Vilariño, o actual director da agrupación, procedente da Unión Musical Ponteledesma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia da banda
- Xan Salgueiro (11 de xullo de 2010). "Unha terra de bandas (IV)". Faro de Vigo.