Saltar ao contido

Filóstrato de Atenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilóstrato de Atenas
Biografía
Nacementoc. 170 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Lemnos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 250 Editar o valor en Wikidata (79/89 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, orador, sofista, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiPhilostratus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX879327

Filóstrato de Atenas (en grego antigo: Φιλόστρατος; latín: Lucius Flavius Philostratus), nado c. 175 e finado c. 250, foi un escritor grego, coñecido sobre todo por ser o biógrafo de Apolonio de Tiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre os seus mestres estaban Proclo de Náucratis e Antípatro de Hierápole. Escribiu varias obras que levan o seu nome, pero os estudosos están divididos sobre se realmente as escribiu todas, xa que a sintaxe do nome non é idéntica e nalgún caso dise que era ateniense cando Eunapio di que era de Lemnos e Focio di que era de Tiro. Probabelmente era de Lemnos, que en certo modo era ser ateniense, e estudou retórica con Proclo de Náucratis na escola de Atenas. Co mesmo nome, Filóstrato, hai polo menos cinco sofistas ou filósofos que adoitan confundirse nas fontes.

Suídas di que tivo como rival en Atenas a Frontón de Emisa, e a Apsines de Gádara como amigo e colega. Suídas sitúao aínda vivo no reinado de Filipo o Árabe (244-249). Non está claro cando Filóstrato se trasladou de Atenas a Roma, pero era membro do selecto círculo de escritores e filósofos que atraera a emperatriz Xulia Domna, esposa de Septimio Severo. Parece que a vida de Apolonio foi un encargo da emperatriz, pero o feito de que non lle dedicase o libro significa que Xulia Domna xa morrera cando rematou a obra.

As súas obras coñecidas son:

  • Vida de Apolonio de Tiana en oito libros (Τὰ ἐς τὸν Τυανέα Ἀπολλώνιον). Escrito antes de 217, probabelmente en Roma.
  • Vida dos sofistas (Βίοι Σοφιστω̂ν). Probabelmente escribiuno antes do 238 e considérase probábel a data do 237. No prólogo da obra fai unha coidada distinción entre filósofos e sofistas.
  • Heroica ou Heroico (̔Ηρωικὰ ou ̔Ηρωικός). Un diálogo entre un comerciante e un viticultor sobre os heroes da guerra de Troia.
  • Imagines (εἰκόνες). O autor presenta figuras de distintos escritores e filósofos da antigüidade, amosando a súa erudición.
  • Epistolae (ἐπιστολαί). Unha colección de setenta e tres cartas, que Suídas chama έρωτικάς, 'de amor' porque a maioría delas tratan temas amatorios[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aitken, Ellen Bradshaw, and Jennifer Kay Berenson MacLean, eds. 2004. Philostratus’s “Heroikos”: Religion and Cultural Identity in the Third Century C.E. Atlanta: Society of Biblical Literature.
  • Bowie, Ewen L., and Jaś Elsner, eds. 2009. Philostratus. Cambridge, UK: Cambridge Univ. Press.
  • Bryson, Norman. 1994. "Philostratus and the Imaginary Museum." In Art and Text in Ancient Greek Culture. Edited by Simon Goldhill and Robin Osborne, 255–283. Cambridge, UK: Cambridge Univ. Press.
  • Elsner, Jaś. 2009. "Beyond Compare: Pagan Saint and Christian God in Late Antiquity." Critical Inquiry 35:655–683.
  • Eshleman, Kendra Joy. 2008. "Defining the Circle of Sophists: Philostratus and the Construction of the Second Sophistic." Classical Philology 103:395–413.
  • Demoen, K., and Danny Praet, eds. 2009. Theios Sophistes: Essays on Flavius Philostratus’ “Vita Apollonii.” Leiden, The Netherlands: Brill.
  • Kemezis, Adam M. 2014. Greek Narratives of the Roman Empire under the Severans: Cassius Dio, Philostratus and Herodian. Cambridge, UK: Cambridge Univ. Press.
  • König, Jason. 2014. "Images of Elite Communities in Philostratus: Re-Reading the Preface to the “Lives of the Sophists.”" In Roman Rule in Greek and Latin Writing: Double Vision. Edited by Jesper Majbom Madsen and Roger Rees, 246–270. Leiden, The Netherlands: Brill.
  • Potter, David. 2011. The Victor’s Crown: A History of Ancient Sport from Homer to Byzantium. Oxford: Oxford Univ. Press.
  • Walker, Andrew. 1992. "Eros and the Eye in the Love-Letters of Philostratus." Proceedings of the Cambridge Philological Society 38:132–148.