Filippo Speranza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1839 San Martino al Cimino, Italia (en) |
Morte | 7 de decembro de 1903 (64 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | medallista |
Filippo Speranza, nado en Vitebo o 29 de xaneiro de 1839, ou en 1848,[1] e finado en Roma o 7 de decembro de 1903, foi un medallista e deseñador de moedas italiano, que ocupou o cargo de gravador xefe da Casa da Moeda de Roma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filippo Speranza naceu en San Martino al Cimino, municipio de Viterbo, no Lacio, segundo uns autores o 29 de xaneiro de 1839,[2] e segundo outros en 1848.[3]
Na súa xuventude marchou a Roma, onde se formou con Paolo Mercuri no gravado de cuños, e posteriormente ingresou na Casa da Moeda de Roma, cando esta estaba aínda baixo dominio papal. Naquel período traballou con gravadores xa consagrados como Zaccagnini e Bianchi. En 1867 fixo alí as súas primeiras creacións como artista gravador,[4] por encarga do Estado Pontificio: unha moeda prata de 2½ liras emitida a nome do papa Pío IX,[5] e unha medalla concedida polo mesmo papa,[6] polos servizos prestados durante a epidemia do ano anterior.[2][3]
Pouco despois da unificación italiana, a Ceca de Roma pasou a ser a única autorizada para cuñar a moeda do novo Reino de Italia, na que Speranza exerceu o cargo de grabador xefe, polo que se responsabilizou do gravado dos cuños de todas as emisións monetarias a nome de Humberto I (1878-1900) e de Vítor Manuel III (1900-1946), ata o seu falecemento en 1903. Tamén son obra súa as series de prata cuñadas pola Ceca de Roma para a República de San Marino entre 1898 e 1906, e para a colonia italiana de Eritrea, entre 1890 e 1896.[8][9]
En paralelo ás moedas, Speranza tamén foi o creador dun bo número de medallas, entre as que destacan as seguintes: Pío IX, primeiro Concilio Vaticano (1869),[11] Vicenzo Bellini (1876),[10] Vítor Manuel II (1878),[12] visita de Humberto I a Sicilia (1881), Exposición Industrial de Turín (1885), Giuseppe Verdi (1889), Cámara de Deputados de Roma (1890), xubileo episcopal de León XIII (1893),[13] etc.[14]Filippo Speranza marca coa inscrición SPERANZA en letra maiúscula e de pequeno tamaño todas as medallas e moedas da súa creación.[14]
Filippo Speranza finou en Roma o 7 de decembro de 1903,[2] vítima dunha doenza cerebrovascular.[15]
Escolma de obras
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A comandini é a única fonte consultada que dá, pola contra, 1848 como ano de nacemento. Véxase: Comandini, A. (1903). Páxina 477.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Forrer, L. (1912). Páxina 597.
- ↑ 3,0 3,1 Comandini, A. (1903). Páxina 477.
- ↑ "Filippo Speranza". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
- ↑ "2½ Lire - Pius IX". Numista.com
- ↑ "Speranza F. (1867), Medaglia di Pio IX". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
- ↑ "1 Lira - Victor Emmanuel III (1901-1907)". Numista.com
- ↑ Forrer, L. (1912). Páxinas 597-599.
- ↑ "Filippo Speranza". Numista.com
- ↑ 10,0 10,1 "Vincenzo Bellini (1801-1835), 1876". Paris Musées (Parismuseescollections.paris.fr).
- ↑ "Medal - Pope Pius IX First Vatican Council". Numista.com
- ↑ "Speranza F. (1878), Medaglia di Vittorio Emanuele II". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
- ↑ "Speranza Filippo (1893), Medaglia Giubileo episcopale Leone XIII". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
- ↑ 14,0 14,1 Forrer, L. (1912). Páxina 599.
- ↑ Comandini, A. (1903). Páxina 477.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filippo Speranza |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Comandini, A. (1903). "Necrologica: Filippo Speranza". En Rivista Italiana di Numismatica. Società numismatica italiana. Vol. 16. Páxinas 477-478.
- Forrer, L. (1912). "Speranza, Filippo". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 5. Spink & Son., Londres. Páxinas 597-599.