Filosofía da evolución
A filosofía da evolución é a rama da filosofía que examina as implicacións filosóficas da evolución e as interseccións da bioloxía evolutiva con outros campos como a epistemoloxía, ética, estética e filosofía política.
O libro de Charles Darwin de 1859 A orixe das especies é xeralmente considerado como o comezo da concepción contemporánea da evolución.[1] A historia do pensamento evolucionista abrangue desde a antiguidade aos desenvolvementos contemporáneos incluíndo a síntese evolutiva moderna, a síntese evolutiva ampliada e o darwinismo universal.
Historia
[editar | editar a fonte]A teoría evolutiva foi transformada polo libro de Charles Darwin de 1859 A orixe das especies; ata esa data a idea de progreso evolutivo tivera unha presentación pseudocientífica, sen verdadeiras evidencias que a apoiasen.[2][3]
No século XX a ciencia evolutiva chegou á síntese evolutiva moderna, e no século XXI está en marcha a chamada síntese evolutiva ampliada.
O spencerismo social foi unha aplicación distorsionada das ideas de Darwin resultante das éticas problemáticas de Herbert Spencer.[4][5]
Filosofía
[editar | editar a fonte]Definicións
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Filosofía da bioloxía.
A cerna da evolución é que todo pode cambiar, porque as variantes que están mellor adaptadas son seleccionadas: pero crucialmente sen ningún tipo de dirección ou plan global. Porén, hai unha teoría que mantén que a evolución ten unha dirección e é progresiva chamada ortoxénese.[8] Ademais da crenza xeral popular de que esta direccionalidade é o que comporta a evolución, isto foi apoiado por algúns biólogos, como o experto en formigas E. O. Wilson, aínda que non é darwinista.[9]
Causas da evolución
[editar | editar a fonte]Os filósofos da evolución debateron se a selección natural e outros mecanismos da evolución son causas do cambio, ou se son simplemente resumos no nivel alto dos efectos de moitos eventos como as mortes de individuos específicos.[1]
Unidades da evolución
[editar | editar a fonte]Outra área de discusión é cal é a unidade de evolución. A selección adoita aplicarse a nivel de organismo individual (un concepto problemático), pero poden propoñerse casos de selección nos niveis máis baixos como os xenes ([èvolución centrada nos xenes]]) ou a niveis altos como os grupos que viven xuntos, pero raramente ou nunca ao nivel dunha especie completa.[1]
Altruísmo
[editar | editar a fonte]O debate continuou sobre a evolución do altruísmo, comportamento que pode ser nocivo para o individuo que o practica, pero beneficioso para outros. As explicacións propostas centráronse outra vez en se a evolución ten lugar a nivel de individuo ou de grupos. A selección de parentesco propón que debería evolucionar o altruísmo cando individuos que están estreitamente emparentados viven xuntos.[1]
Subdominios
[editar | editar a fonte]Os subdominios da filosofía da evolución son a súa epistemoloxía, a súa lóxica e a súa metafísica.
Epistemoloxía evolutiva
[editar | editar a fonte]A epistemoloxía evolutiva foi discutida por Donald T. Campbell no seu ensaio de 1974 "Evolutionary Epistemology", parte do libro en dous volumes The Philosophy of Karl Popper.[10] Aborda de forma naturalista a epistemoloxía, parte da filosofía da ciencia. Subscribe a idea de que a cognición é principalmente un produto da evolución biolóxica.[11] O ensaio de Campbell de 1974Evolutionary Epistemology desenvolve unha teoría seleccionista da creatividade humana. O erudito da ciencia da creatividade Dean Keith Simonton contribuiu significativamente á epistemoloxía evolutiva.[12] Propuxo un modelo darwinista da psicoloxía do descubrimento científico, refinando o modelo de Campbell de variación cega e retención selectiva (modelo BVSR ou blind variation and selective retention).[13]
Lóxica evolutiva
[editar | editar a fonte]A lóxica evolutiva é unha teoría de racionalidade na que as leis da lóxica xorden como un aspecto intrínseco da bioloxía evolutiva. William S. Cooper, no seu libro de 2001 The Evolution of Reason: Logic as a Branch of Biology, ilustra como as regras lóxicas se derivan directamente dos principios evolutivos.[14]
A evolución como computación é un concepto explorado por John Mayfield no seu libro de 2013 The Engine of Complexity: Evolution as Computation. Nel sintetiza os conceptos básicos procedentes de múltiples disciplinas para ofrecer unha nova perspectiva para comprender como funciona a evolución e como os organismos e estruturas complexos, organizacións e ordes sociais poden orixinarse e de feito se orixinan, baseándose na teoría da información e a ciencia computacional.[15]
Metafísica evolutiva
[editar | editar a fonte]A metafísica evolutiva é unha perspectiva que olla os conceptos metafísicos a través das lentes da bioloxía evolutiva. John Dupré, no seu traballo The metaphysics of evolution, publicado en Interface Focus (2017)[16] explora as implicacións do proceso metafísico para conceptualizar a evolución.
Aplicacións noutros dominios
[editar | editar a fonte]A filosofía da evolución crúzase con outros dominios, como a ética, estética, as artes, e a filosofía política.
Ética evolutiva
[editar | editar a fonte]A ética evolutiva examina as implicacións da bioloxía evolutiva nas teorías éticas. O filósofo da evolución Michael Bradie fixo contribucións significativas a este campo.[17]
O libro de David Sloan Wilson (2019) This View of Life[18] e a súa novela satírica Atlas Hugged (2021)[19] examina a ética da evolución, explorando o comportamento prosocial (altruísmo) fronte ao comportamento egoísta.
Estética evolutiva e as artes
[editar | editar a fonte]A estética da evolución é o estudo da arte desde o punto de vista biolóxico. Entre os eruditos da ciencia, as artes e humanidades en estética da evolución están Edward O. Wilson,[20] Dennis Dutton,[21] Joseph Carroll,[22] Brian Boyd,[23] Steven Pinker, Jonathan Gottschall,[24] Ellen Dissanayake,[25] e varios antropólogos bioculturais.
O modelo de sistemas socioculturais evolutivos de creatividade do psicólogo Mihaly Csikszentmihalyi é un modelo explicitamente darwinista da variación, selección e transmisión de unidades de cultura creativas (novas, útiles e sorprendentes), en todos os dominios da cultura.[26]
Filosofía política evolutiva
[editar | editar a fonte]A filosofía política evolucionista aplica os principios da evolución ao estudo dos sistemas políticos. O libro de Karl Popper (1945) The Open Society and its Enemies presenta a filosofía política vista desde unha perspectiva evolucionista,[27] como tamén o fai o libro de David Sloan Wilson (2019) This View of Life: Completing the Darwinian Revolution.
The Handbook of Biology and Politics (2017) de S. Peterson[28] examina a biopolítica e as interconexións entre a bioloxía evolutiva e as ciencias políticas. O volume editado reúne investigacións que aplican ideas evolutivas e biolóxcas, para comprender mellor os comportamentos políticos, as institucións, as ideoloxías e a dinámica social.
Epistemoloxía evolutiva aplicada
[editar | editar a fonte]Desde 2012[29] a 2024 Nathalie Gontier foi a fundadora e directora de AppEEL, o Applied Evolutionary Epistemology Lab, un grupo internacional de académicos que aplican a epistemoloxía evolutiva.
No artigo de 2012Applied Evolutionary Epistemology: A New Methodology to Enhance Interdisciplinary Research Between the Life and Human Sciences, Gontier explica como o programa de investigación da epistemoloxía evolutiva aplicada ten como obxectivo identificar: "as unidades, niveis e mecanismos da evolución biolóxica e sociocultural".[30]
Un artigo de 2021 de Gontier e Michael Bradie examina a epistemoloxía evolutiva como "dúas vías de investigación, tres escolas e unha soa axenda compartida".[31]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Evolution". Stanford Encyclopedia of Philosophy. 23 de setembro de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2024.
- ↑ Darwin, Charles (1859). On the Origin of Species (1st ed.). Londres: John Murray.
- ↑ Ruse 1996, p. 526.
- ↑ Wilson, David Sloan (2019). This View of Life: Completing the Darwinian Revolution (1st ed.). Pantheon.
- ↑ Dennett, Daniel (1995). Darwin's Dangerous Idea: Evolution and the Meanings of Life. Simon & Schuster.
- ↑ Larson 2004, pp. 221–243.
- ↑ Bowler 2003, pp. 325–339.
- ↑ Bowler 2003, pp. 196–253.
- ↑ Ruse 1996, pp. 512–513.
- ↑ Schilpp, P. A. (1974). The Philosophy of Karl Popper (1ª ed.). La Salle. pp. 413–459.
- ↑ Gontier, Nathalie. "Evolutionary Epistemology". Internet Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 7 de marzo de 2024.
- ↑ Simonton, Dean Keith. "Staff page". University of California, Davis.
- ↑ Simonton, Dean Keith (3 de xullo de 2023). "The Blind-Variation and Selective-Retention Theory of Creativity: Recent Developments and Current Status of BVSR". Creativity Research Journal 35 (3): 304–323. doi:10.1080/10400419.2022.2059919.
- ↑ Cooper, William S. (2001). The Evolution of Reason: Logic as a Branch of Biology. Cambridge University Press.
- ↑ Mayfield, J. E. (2013). The Engine of Complexity: Evolution as Computation. Columbia University Press.
- ↑ Dupré, John (6 October 2017). "The metaphysics of evolution". Interface Focus 7 (5). PMC 5566809. PMID 28839921. doi:10.1098/rsfs.2016.0148.
- ↑ Bradie, Michael (1994). The Secret Chain: Evolution and Ethics. State University of New York Press.
- ↑ Wilson, David Sloan (2019). This View of Life: Completing the Darwinian Revolution. Pantheon.
- ↑ Wilson, David Sloan (2020). Atlas Hugged. Redwood Publishing, LLC.
- ↑ Wilson, Edward O. (1998). Consilience: The Unity of Knowledge (1st ed.). Knopf: Distributed by Random House.
- ↑ Dutton, Dennis (2010). The Art Instinct: Beauty, Pleasure and Human Evolution. Oxford University Press.
- ↑ Carroll, Joseph (1995). Evolution and Literary Theory. University of Missouri Press.
- ↑ Boyd, Brian (2009). On The Origin Of Stories: Evolution, Cognition, and Fiction. Belknap Press of Harvard University Press.
- ↑ Gottschall, Jonathan (2012). The Storytelling Animal: How Stories Make Us Human. Houghton Mifflin Harcourt.
- ↑ Dissanayake, Ellen (2000). Art and Intimacy: How the Arts Began. University of Washington Press.
- ↑ Csikszentmihalyi, Mihaly (2015). The Systems Model of Creativity: The Collected Works of Mihaly Csikszentmihalyi. Springer.
- ↑ Popper, Karl (1945). The Open Society and its Enemies. G. Routledge & Sons.
- ↑ Peterson, S (2017). Handbook of Biology and Politics. Edward Elgar Publishing Limited.
- ↑ Gontier, Nathalie. "AppEEL - Applied Evolutionary Epistemology Lab | Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa". ciencias.ulisboa.pt. Consultado o 7 de marzo de 2024.
- ↑ Gontier, Nathalie (2012). "Applied Evolutionary Epistemology: A new methodology to enhance interdisciplinary research between the life and human sciences". Journal of Philosophy and Science (Kairos. Revista de Filosofia & Ciência) 4: 35.
- ↑ Gontier, Nathalie; Bradie, Michael (xuño de 2021). "Evolutionary Epistemology: Two Research Avenues, Three Schools, and A Single and Shared Agenda". Journal for General Philosophy of Science 52 (2): 197–209. doi:10.1007/s10838-021-09563-5.
Fontes citadas
[editar | editar a fonte]- Bowler, Peter J. (2003). Evolution: The History of an Idea. University of California Press. ISBN 978-0-520-23693-6.
- Jensen, Uffe Juul; Harré, Rom (1981). The Philosophy of Evolution. Nova York: St. Martins Press. ISBN 978-0-312-60670-1.
- Larson, Edward J. (2004). Evolution: The Remarkable History of a Scientific Theory. Modern Library Chronicles 17. Nova York: Modern Library. ISBN 978-0-679-64288-6.
- Ruse, Michael (1996). Monad to man: the Concept of Progress in Evolutionary Biology. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-03248-4.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hösle, V.; Illies, C. (Eds.) 2005. Darwinism & Philosophy. University of Notre Dame Press.
- Hull, D. L.; Ruse, M. (2007). The Cambridge Companion to the Philosophy of Biology. Cambridge University Press.
- Hull, D. L.; Ruse, M. (1998). The Philosophy of Biology. Oxford University Press.
- Rosenberg, A.; McShea, D. W. (2008). Philosophy of Biology: A Contemporary Introduction. Routledge.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Evolution", entrada da Stanford Encyclopedia of Philosophy