Peter J. Bowler
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1944 (80 anos) |
President of the British Society for the History of Science (en) | |
2004 – 2005 ← Janet Browne (pt) – Frank James (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Cambridge Universidade de Sussex Universidade de Toronto King's College |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade Queen’s de Belfast |
Membro de | |
Interesado en | Historia da bioloxía |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Peter J. Bowler, nado o 8 de outubro de 1944, [1] é un historiador da bioloxía e membro da Academia Británica que escribiu moitas obras sobre a historia do pensamento evolucionista, a historia da ciencias ambientais e a da xenética. O seu libro de 1984 Evolution: The History of an Idea é un libro de texo estándar da historia da evolución; unha edición do 25º aniversario saíu en 2009. O seu libro de 1983 The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 describe (usando unha frase de Julian Huxley) a predominancia científica doutras teorías evolutivas que fixo que moitos autores minimizasen a importancia da selección natural a inicios do século XX, antes de que a xenética fose reconciliada coa selección natural na chamada síntese moderna.
Vida
[editar | editar a fonte]Peter Bowler ten unha licenciatura (BA) da Universidade de Cambridge, e un máster (MSc) da Universidade de Sussex e un doutoramento (PhD) da Universidade de Toronto. Na década de 1970 ensinou na Escola de Humanidades, Universiti Sains Malaysia, Penang. Actualmente é profesor de historia da ciencia na Universidade da Raíña de Belfast, e foi elixido membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia e membro correspondente da Academia Internacional de Historia das Ciencias. Foi presidente da Sociedade Británica para a Historia da Ciencia de 2004 a 2006.[2]
Os seus intereses actuais son o desenvolvemento e implicacións do darwinismo, a historia das ciencias ambientais, a ciencia e a relixión (especialmente no século XX), e escritos de divulgación científica. As súas investigacións actuais céntranse na produción de literatura divulgativa científica a inicios do século XX en Gran Bretaña, con énfase especial no papel exercido polos científicos profesionais.[2] Bowler discute os intentos dos científicos vitorianos de promover a ciencia para que o público a comprendese e incrementar a accesibilidade das obras de divulgación científica.[3]
Bowler criticou o creacionismo en Irlanda do Norte. Fixo moitas aparicións na radio local, incluíndo entrevistas con William Crawley nos programas da BBC Radio Ulster TalkBack e Sunday Sequence; alí el defendeu a evolución e subliñou a natureza non científica do creacionismo.[4][5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Fossils and Progress: Palaeontology and the Idea of Progressive Evolution in the Nineteenth Century (1976) ISBN 0882020439
- Theories of Human Evolution: A Century of Debate, 1844–1944 (Wiley-Blackwell 1987)
- The Mendelian Revolution: The Emergence of Hereditarian Concepts in Modern Science and Society (Continuum International, Athlone, 1989)[6]
- The Invention of Progress: Victorians and the Past (Wiley-Blackwell, 1989)
- The Non-Darwinian Revolution: Reinterpreting a Historical Myth (Johns Hopkins University Press, New Edition, 1988)[7]
- The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 (Johns Hopkins University Press, 1983)
- The Fontana History of the Environmental Sciences (Fontana Press, 1992)
- Biology and Social Thought: 1850–1914 : Five Lectures Delivered at the International Summer School in History of Science Uppsala, July 1990 (Univ of California, 1993)
- Charles Darwin: the man and his influence (Cambridge, 1996).
- Life's splendid drama: evolutionary biology and the reconstruction of life’s ancestry, 1860–1940 (Chicago, 1996).
- Reconciling science and religion: the debate in early twentieth-century Britain (Chicago, 2001).
- "The spectre of Darwinism: popular images of Darwinism in early twentieth-century Britain" in Abigail Lustig, Robert J. Richards and Michael Ruse (eds), Darwinian Heresies (Cambridge, 2004) ISBN 9780521815161.
- (With I.R. Morus) Making modern science: a historical survey (Chicago, 2005).
- 'Experts and publishers: writing popular science in early twentieth-century Britain' in British Journal for the History of Science, xxxix (2006).
- Monkey Trials and Gorilla Sermons; Evolution and Christianity from Darwin to Intelligent Design (Harvard University Press, 2007) ISBN 9780674032200.
- 'Darwin's Originality', in Science (9 de xaneiro de 2009: Vol. 323. no. 5911, pp. 223 – 226) doi 10.1126/science.1160332[8]
- Evolution: the history of an idea (4th ed., California, 2009, ISBN 0520261283).
- Science for All: The Popularization of Science in Early Twentieth-Century Britain (Chicago, 2009).
- Q&A Darwin: Off the Record (with foreword by Richard Dawkins) (Duncan Baird, 2010).
- Darwin Deleted: Imagining a World Without Darwin (University of Chicago Press, 2013). ISBN 0226068676
- A History of the Future: Prophets of Progress from H. G. Wells to Asimov (Cambridge University Press, 2017) ISBN 978-1316602621
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOWLER, Prof. Peter John, Who's Who 2015, A & C Black, 2015; online edn, Oxford University Press, 2014
- ↑ 2,0 2,1 Peter Bowler's QUB staff page Arquivado 1 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ PJ Bowler Science For All, Chicago Univ Press 2009 Arquivado 4 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ BBC Radio Ulster TalkBack, emisión do 15 de setembro de 2008
- ↑ BBC Radio Ulster Sunday Sequence, emisión do 2 de decembro de 2007
- ↑ Churchill, Frederick B. (xaneiro de 1990). "The Mendelian Revolution. The Emergence of Hereditarian Concepts in Modern Science and Society. Peter J. Bowler. Johns Hopkins University Press, Baltimore, 1989.". Science 247 (4940): 348–349. Bibcode:1990Sci...247..348B. PMID 17735857. doi:10.1126/science.247.4940.348.
- ↑ Hodge, M. J. S. (1990). "Review of The Non-Darwinian Revolution: Reinterpreting a Historical Myth". The British Journal for the History of Science 23 (3): 332–334. JSTOR 4026758. doi:10.1017/s0007087400044010.
- ↑ Darwin's Originality, in Science, 9 de xaneiro de 2009