Saltar ao contido

Richard Dawkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Dawkins

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nb) Clinton Richard Dawkins Editar o valor en Wikidata
26 de marzo de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Nairobi (Quênia britânico) Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNairobi
Oxford Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford - Doutor en filosofía (–1966)
Balliol College, Oxford (pt) Traducir (–1962)
Oundle School (en) Traducir (1954–1959)
Chafyn Grove School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaSelective pecking in the domestic chick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1966 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseNikolaas Tinbergen Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEtoloxía, Bioloxía evolutiva, zooloxía, bioloxía, religiosidade (pt) Traducir, Igrexa e evolutionary theory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo evolutivo, escritor, profesor universitario, biólogo, zoólogo, autor, actor, xenetista, guionista, epistemólogo, escritor de ciencia, etólogo, sociobiologist (en) Traducir, divulgador científico, theoretical biologist (en) Traducir, ensaísta, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNortheastern University London (en) Traducir (2011–)
Universidade de Oxford, cátedra Simonyi para a Compreensão Pública da Ciência (pt) Traducir (1995–2008)
Universidade de Oxford, profesor de educación superior (1970–1995)
Universidade de California, Berkeley, profesor asistente (1967–1969) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo, Secularismo e Agnosticismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNikolaas Tinbergen Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlan Grafen (pt) Traducir e Mark Ridley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoMark Ridley (pt) Traducir e Alan Grafen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLalla Ward (1992–)
Eve Barham (1984–)
Marian Dawkins (1967–1984) Editar o valor en Wikidata
PaisClinton John Dawkins Editar o valor en Wikidata  e Jean Mary Vyvyan Ladner Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Dawkins, Richard, 1941-, Editar o valor en Wikidata
Páxina webricharddawkins.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1468026 TV.com: people/richard-dawkins
Facebook: RichardDawkinsBooks Twitter: RichardDawkins TED: richard_dawkins BNE: XX902365 Musicbrainz: e6747806-0dcf-4688-91a0-a5ffb4143286 Songkick: 435984 Discogs: 459604 WikiTree: Dawkins-598 Editar o valor en Wikidata

Clinton Richard Dawkins, nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.

De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doutorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.

Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.

Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) (1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre da crenza que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.

Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión adóitanse tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.

Obra principal

[editar | editar a fonte]

Filmes e documentais

[editar | editar a fonte]
  • Nice Guys Finish First (1986)
  • The Blind Watchmaker (1987)
  • Growing Up in the Universe (1991)
  • Break the Science Barrier (1996)
  • The Atheism Tapes (2004)
  • The Big Question (2005) – Parte 3 da serie televisiva "Why Are We Here?"
  • The Root of All Evil? (2006)
  • The Enemies of Reason (2007)
  • The Genius of Charles Darwin (2008)
  • Faith School Menace? (2010)
  • Beautiful Minds (abril de 2012)
  • Sex, Death and the Meaning of Life (2012)
  • The Unbelievers (2013)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.