Saltar ao contido

Finding Neverland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Descubrindo Nunca Xamais
Ficha técnica
Título orixinalFinding Neverland
DirectorMarc Forster
GuiónDavid Magee
IntérpretesJohnny Depp
Kate Winslet
Julie Christie
Dustin Hoffman
Freddie Highmore
Radha Mitchell
Ian Hart
MúsicaJan A.P. Kaczmarek
FotografíaRoberto Schaefer
MontaxeJim Miller
Paul Rubell
Estrea2004
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$25 000 000
Recadación$118 676 606
Na rede
http://www.miramax.com/movie/finding-neverland
IMDB: tt0308644 Filmaffinity: 638214 Allocine: 32458 Rottentomatoes: m/finding_neverland Mojo: findingneverland Allmovie: v284568 TCM: 452507 Metacritic: movie/finding-neverland TV.com: movies/finding-neverland Netlix: 70001999 Editar o valor en Wikidata

Finding Neverland é unha película de 2004 dirixida por Marc Forster. Conta a experiencia de J. M. Barrie escribindo o clásico infantil Peter Pan.

Sir James Matthew Barrie é un escritor de obras de teatro. Cando as súas obras xa non reciben boas críticas decide escribir unha nova historia. Mentres está no parque coñece a Sylvia Llewelyn Davies e os seus fillos, Peter, Jack, George e Michael. Peter é o único ao que parece non agradar James. Barrie crea unha grande amizade coa familia, pero non é ben vista pola súa esposa Mary nin pola nai de Sylvia.

O escritor e a familia pasan un magnífico verán xuntos no cal os mozos e el mesmo aprenden moitas cousas xuntos. Especialmente Peter, con quen J.M. Barrie crea un gran lazo de amizade, inseparable. Unha vez, no campo, de paseo, Sylvia comeza a tusir descontroladamente e descóbrese que posúe un problema pulmonar, pero decide non someterse a medicacións nin tratamentos.

A esposa de James cánsase de ter que compartir o seu marido con outra familia e decide deixalo. Sylvia empeora rapidamente, chegando a un punto no cal xa non hai moitas esperanzas.

Barrie escribe unha extraordinaria obra inspirada nas súas experiencias xunto á familia de Sylvia, sendo Peter o protagonista da historia. A obra é todo un éxito, cativando o público coa fantasía e as orixinais personaxes.

A saúde de Sylvia non mostra ningún cambio. A noite da estrea o señor Barrie vai buscala, a pedirlle que deixe de finxir que nada pasa. Pero ela dálle a entender que a súa hora está a chegar e é irremediable. Así é como un día George pídelle á súa nai que baixe ao salón e alí atópase coa mesmísima obra, na casa. Ao final, un pano despréndese da parede da casa e detrás del atópase Nunca xamais. Sylvia entra alí e aí é onde morre, debuxando esa morte tras unha estadía eterna en Nunca xamais. James e a señora Llewelyn Davis comparten a tutela dos nenos de Sylvia.

Diferenzas

[editar | editar a fonte]

As diferenzas entre historia real e a película son:

  • Había cinco nenos no canto de catro.
  • O esposo de Sylvia aínda estaba vivo cando Barrie coñece a familia.
  • Sylvia morreu seis anos despois da estrea da obra.
Categoría Persoa Resultado
Oscar a mellor película Candidata
Oscar ao mellor guión adaptado David Magee Candidato
Óscar ao mellor actor Johnny Depp Candidato
Óscar a mellor banda sonora Jan A.P. Kaczmarek Gañador
Oscar ao mellor deseño de vestiario Alexandra Byrne Candidata
Oscar a mellor dirección de arte Gemma Jackson Candidata
Óscar ao mellor montaxe Thelma Schoonmaker Candidata