Florencio López Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Pin, España |
Morte | 1986 (71/72 anos) |
Actividade | |
Ocupación | violinista |
Instrumento | Violín |
Florencio López Fernández, tamén coñecido como O Cego dos Vilares, nado en Pin (Bruicedo, A Fonsagrada) en 1914 e finado na Fontaneira (Baleira) en 1986, foi un coñecido violinista e intérprete galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Invidente desde cativo por causa da varíola foi un dos derradeiros músicos cegos, habituais nas feiras e romarías galegas, dos que se ten noticia. Foi moi coñecido por toda Galiza e Asturias, especialmente na zona da Fonsagrada, Baleira e Ribeira de Piquín. Algunhas das súas pezas foron recollidas no Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.
En 1981 gravacións súas apareceron no disco Recolleita vol.1,[2] unha proxectada serie de recollas coordinada por Pablo Quintana para o selo discográfico Ruada. Tamén Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), incluíron as súas pezas no repertorio de Fuxan os Ventos e A Quenlla. Unha parte das entrevistas e gravacións que Mini e Mero realizaron con el, figuran nos discos Cantos Coplas e Romances de Cego 1[3] e 2[4].
A musicóloga e violinista África Domínguez, analizou o seu cancioneiro nun traballo de fin de Grao para a Universidade de Valladolid.[5]
En 2015, o centro de música popular aCentral Folque, publicou un libro-disco sobre a súa figura titulado: Florencio, cego dos Vilares.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luísa Villalta e o cancioneiro popular, favoritos para a homenaxe do Día das Letras 2024". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-29. Consultado o 2024-06-06.
- ↑ "Eva Castiñeira - Florencio - Recolleita Vol. I" (en castelán). Consultado o 2023-02-07.
- ↑ "Cantos Coplas e Romances de Cego Nº1". www.ophiusa.com. Consultado o 2023-02-08.
- ↑ "Cantos Coplas e Romances de Cego Nº2". www.ophiusa.com. Consultado o 2023-02-08.
- ↑ Domínguez Díez, África (2016). "El ciego coplero violinista en Galicia y su revival a través del repertorio de Florencio dos Vilares (1914-1986)" (en castelán).
- ↑ "Florencio dos Vilares". Folque. 2017-05-31. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-08.