Saltar ao contido

Flores de Bach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Remedio floral de Bach no envase típico.

Os remedios con flores de Bach son solucións ou menciñas a base de brandy e auga - a auga contén esencias diluídas dunhas especies concretas de plantas (non só flores, senón árbores, herbas etc.) escollidas por Edward Bach, un homeópata inglés, alá polos anos 1930.[1] Bach cría que o orballo que se atopa nos pétalos das flores retén as propiedades curativas das plantas.[2] Os remedios indícanse principalmente para problemas emocionais e espirituais, incluíndo, sen excluír outros, depresións, ansiedade, insomnio e estrés.

As menciñas conteñen unha cantidade moi pequena de material vexetal nunha solución 50:50 auga e brandy. Isto coñécese coma tintura nai.[3] Os remedios que se atopan nas tendas (chamados de stock bottle) son disolucións da tintura nai noutros líquidos, normalmente alcol, polo que a porcentaxe de alcol na meirande parte das menciñas de Bach comerciais varía entre 25 e 40%[4] (50 a 80 volume). As menciñas ademais adóitanse diluír antes do uso, normalmente nunha botella de tratamento chea de auga e que conterá dúas gotiñas dun ou máis dun dos produtos comerciais.[5] Por mor a que os remedios están extremadamente diluídos, carecen de recendo ou sabor característico algún. Con este proceso de dilución, segundo a probabilidade estatística, dificilmente incorporamos unha soa molécula, por isto, para xustificar o seu uso, disque estas menciñas conteñen unha natureza enerxética ou "vibración" natural da flor e que esta pode ser transmitida ao paciente.[6] As menciñas a partir das flores de Bach considéranse logo remedios de curación espirituais, e ligan co concepto de memoria da auga. Ás veces considéranse remedios homeopáticos porque están moi diluídas en auga, mais non son realmente homeopáticas xa que non seguen outros preceptos homeopáticos coma o principio de similitude ou a crenza de que os "poderes" curativos se vén reforzados por axitación e repetición das dilucións ("sucusión").

As pescudas e revisións clínicas sistemáticas sobre os remedios das flores de Bach non atoparon eficacia científica ningunha mais ca o efecto placebo.[6]

A roseira brava ou silva macho é unha das plantas empregadas nas menciñas de Bach.
A xanzá é outra das plantas dos remedios de Bach.

Segundo os seus seguidores, as flores de Bach poderíanse usar para tratar sete tipos de estados negativos: o medo, a falsidade, a evasión do presente, a soidade, a hipersensibilidade, a tristura ou desesperación e a preocupación excesiva polos outros. Estes estados terían diferentes aspectos, polo tanto ademais do tratamento básico poderíase usar unha mestura de esencias segundo o caso.

As plantas usadas son as seguintes (a seguir o que os seguidores desta crenza consideran que axuda a combater):

Libros de Bach e seguidores

[editar | editar a fonte]
  • Edward Bach. La curación por las flores. EDAF, Madrid, 1982.
  • Edward Bach. Bach por Bach - Obras completas: escritos florales, 4ª Ediciones Continente, Bos Aires, 1998. (Introdución, compilación e tradución de Espeche & Grecco) ISBN 950-754-046-6.
  • Mechthild Scheffer. Las Flores de Bach, Preguntas y Respuestas. Barcelona, 2003 Urano. ISBN 84-7953-075-8
  • Frieferike Maschmann de Ringe. El ramo de Flores de Bach. Bos Aires, 2005, Kier. ISBN 950-17-1266-4
  • Toni Olives. Baobab. El Principito y las Flores de Bach. Madrid, 2010 Bubok. ISBN 978-84-9916-777-0
  1. Os seus alumnos-seguidores pronunciaban o apelido alemán de Edward Bach coma /ˈbæ/ Batch, cando foi a Londres a estudar medicina. As súas menciñas aínda son hoxe coñecidas coma "Remedios de flores de Batch". Véxase The Bach Centre web site Arquivado 28 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
  2. D. S. Vohra (2002). Bach flower remedies : a comprehensive study. Nova Delhi: Health Harmony. p. 258. OCLC 428012690. 
  3. O proceso de elaboración complerto descríbese polo miúdo en Bach Flower Remedies: Illustrations and Preparations dos autores Nora Weeks e Victor Bullen, The CW Daniel Co, 2ª edición 1990, ISBN 978-0-85207-205-9
  4. "FAQ: Do your essences contain alcohol?". feelbach.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  6. 6,0 6,1 Thaler K, Kaminski A, Chapman A, Langley T, Gartlehner G (26 de maio de 2009). Bach Flower Remedies for psychological problems and pain: a systematic review. BMC Complement Altern Med 9. p. 16. PMC 2695424. PMID 19470153. doi:10.1186/1472-6882-9-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]