Focke-Wulf
Focke-Wulf Flugzeugbau AG foi unha construtora alemá de avións militares usados pola Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. A maioría dos exitosos deseños da compañía foron modificacións do caza Focke-Wulf Fw 190.
Historia
[editar | editar a fonte]A compañía foi fundada en Bremen o 23 de outubro de 1924 coma a Bremer Flugzeugbau AG, por Henrich Focke, Georg Wulf e Werner Naumann. Pouco despois renomeárona como Focke-Wulf Flugzeugbau AG (e posteriormente Focke-Wulf Flugzeugbau GmbH).
En 1931, baixo a presión do goberno, Focke-Wulf fusionouse coa empresa Albatros-Flugzeugwerke de Berlín. O enxeñeiro e piloto de probas da Albatros-Flugzeugwerke, Kurt Tank, converteuse no xefe do departamento técnico e comezou a traballar no Fw 44 Stieglitz.
En 1938, a aviadora Hanna Reitsch presentou o Focke-Wulf Fw 61, o primeiro helicóptero completamente controlable (en oposición ao autoxiro), en Berlín. O 10 de agosto de 1938 o Fw 200 foi o primeiro avión en voar sen escalas entre Berlín e Nova York, facendo a viaxe en 24 horas e 56 minutos. O voo de regreso realizaríao en 19 horas e 47 minutos.
O Fw 190 Würger, deseñado a partir de 1938, e producido en grandes cantidades dende 1941 ata 1945, foi o principal caza monopraza da Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. A versión Fw 190D, coñecida polos pilotos como "Dora", tivo un motor moito invertido V12 máis pesado e un pouco máis longo, polo que se lle engadiron 30 centímetros na parte dianteira da fuselaxe.
Os constantes bombardeos sobre Bremen durante a guerra fixeron que as plantas da compañía tivesen que ser trasladadas cara ao leste de Alemaña e Polonia, usando moitos traballadores forzados e estranxeiros, e dende 1944 tamén a prisioneiros de guerrra. Unha planta de 100 acres de Focke-Wulf situada en Marienburg produciu a metade dos Fw 190 e foi bombardeada pola Oitava Forza Aérea estadounidense o 9 de outubro de 1944.
Dende 1947 ata 1955 moitos traballadores de Focke-Wulf, incluído Kurt Tank, traballaron no Instituto Aerotécnico de Córdoba (Arxentina). En 1951 Focke-Wulf comezou a fabricar planeadores, e en 1955, avións a motor. En 1961, Focke-Wulf, Weserflug ed Hamburger Flugzeugbau uniron as súas forzas na Entwicklungsring Nord (ERNO) para desenvolver foguetes.
Nos anos 60, a ITT Corporation, que adquirira un 25% da compañía antes da guerra, gañou 27 millóns de dólares en compensación polos danos causados na planta de Focke-Wulf durante os bombardeos aliados. Focke-Wulf fusionouse formalmente con Weserflug en 1964, converténdose na Vereinigte Flugtechnische Werke (VFW), que despois de varias fusións máis é agora parte da corporación European Aeronautic Defence and Space Company N.V. (EADS).
Listaxe de avións Focke-Wulf
[editar | editar a fonte]- Focke-Wulf A 16
- Focke-Wulf A 17
- Focke-Wulf S 1/S 2
- Focke-Wulf W 4
- Focke-Wulf S 24 Kiebitz
- Focke-Wulf Fw A 20 Habicht
- Focke Wulf L 101 D Albatros
- Focke Wulf S 39
- Focke Wulf Fw 43 Falke
- Focke-Wulf F 19 Ente
- Focke-Wulf Fw 44 Stieglitz
- Focke-Wulf Fw 47
- Focke-Wulf Fw 56 Stösser
- Focke-Wulf Fw 57
- Focke-Wulf Fw 58 Weihe
- Focke-Wulf Fw 61
- Focke-Wulf Fw 62
- Focke-Wulf Ta 152
- Focke-Wulf Ta 154 Moskito
- Focke-Wulf Fw 159,
- Focke-Wulf Ta 183 Huckebein
- Focke-Wulf Fw 186
- Focke-Wulf Fw 187 Falke
- Focke-Wulf Fw 189 Uhu
- Focke-Wulf Fw 190 Würger
- Focke-Wulf Fw 191
- Focke-Wulf Fw 200 Condor