Fontela, Goián, Tomiño
Fontela | |
---|---|
Parroquia | Goián |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 41°56′32″N 8°45′56″O / 41.942186742597, -8.7654525822638 |
Poboación | 165 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fontela é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 165 habitantes (69 homes e 96 mulleres). Orixinalmente este lugar pertencía á parroquia de Santiago de Tollo, anexionada en 1760.
Sitúase ó leste da parroquia, a carón do río Miño. O nome de Fontela vén de fontanella, un diminutivo de fonte, e fai refrencia ás moitas fontes que había no barrio.
No lugar dos Tornos, segundo a sabedoría popular, había unhas estacas que separaban as casas da parroquia de Tollo das do Couto. No Outro lugar é O Padrón, que segundo M. Fernández Rodríguez debe o seu nome a unha pedra grade (pedrón) que estaba ó fondo de dito lugar, onde hai tempo amarraban os barcos. No catastro de Ensenada referente a Tollo, no apartado de propiedades di:
"Sus Majestades no tienen mas propiedades en esta, que una a pinar cerrada de muro por todos los vientos en el lugar del "Padrón" (á marxe, un debuxo da mesma).
Outro dos lugares é As Fonteliñas, onde hai varios mananciais.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Goián
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Avenida de Ordóñez | A Avenida do Brasil | O Barrio de Triana | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | O Pazo | San Lourenzo | Soutelo | Tollo |
Parroquias de Tomiño
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Goián, Tomiño". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.