Formiche di Grosseto
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Toscano | |||
Localización | ||||
División administrativa | Italia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Altitude | 13 m | |||
Superficie | 0,12 km² | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1919 | |||
Os Formiche di Grosseto ("formigas de Grosseto") é un grupo de illotes que emerxen agudamente no Arquipélago Toscano. Están situados no mar aberto entre a costa do parque natural de Maremma e Pianosa, aproximadamente a 24 km de Porto Santo Stefano en Monte Argentario e a 15,1 km de Marina di Grosseto. Forman parte do comune de Grosseto e están nunha reserva natural que forma parte dunha área de protección especial.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os "Formiche di Grosseto" son tres illotes nomeados, segundo as súas dimensións, "Formichino", "Formica Media" e "Formica Grande" que desenvolven unha superficie total de aproximadamente 120.000 metros cadrados que se estenden aliñados de noroeste a sueste sobre 1,6 km. Formichino é o máis pequeno e está formado por dous arrecifes, é o máis meridional e ten unha superficie de soamente 20 metros cadrados. Formica Media é unha longa e estreita franxa de rocha que continúa baixo a auga nun baixío. Formica Grande é o máis grande, ten forma romboidal, ten 370 metros de longo e 230 metros de largo, é o máis setentrional e a sede dun faro. A illa conta con tres antigos puntos de atraque en tres lados diferentes para permitir o amarre dependendo do vento e está equipado cun heliporto utilizado para o mantemento do faro.[1]
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Os Formiche dei Grosseto é un lugar para gozar do mergullo pola riqueza das súas augas. O leito mariño é próspero en esponxas, gorgoniidae, Sabella spallanzanii e en peixes como meros, saragos, congros, muraenas, homarus e palinurus elephas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tutto barche
- ↑ "Odyssea". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 07 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Formiche di Grosseto |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gallery Formiche di Grosseto lighthouse Marina Militare
- Servizio Fari Marina Militare (en italiano)