Forno de cal
Un forno de cal, tamén chamado caleira ou caleiro,[1] é un forno que permite crear óxido de calcio, é dicir cal, mediante a calcinación da pedra calcaria.[2] O humanista Antonio de Nebrija definiu a «caleira» no século XVI como lugar ou enxeño «do se haze cal».[3]
Proceso
[editar | editar a fonte]A reacción ten lugar a 900 °C (temperatura á cal a presión parcial de CO2 é de 1 atmosfera), pero xeralmente úsase unha temperatura duns 1000 °C (temperatura á cal a presión parcial do CO2 é de 3,8 atmosferas[4]) para facer que a reacción se produza con maior rapidez.
Caleiras andaluzas e mallorquinas
[editar | editar a fonte]A súa abundancia e tradición chegaron a constituír un elemento típico da paisaxe andaluza[5] e balear.[6]
Caleiras da Comunidade de Madrid
[editar | editar a fonte]Documentáronse máis de cen caleiras na Comunidade madrileña xa a comezos da Idade Media, sendo un fenómeno común observado en case toda a Península Ibérica. Como a demanda de xeso era local os fornos atópanse nas proximidades das poboacións. Estes fornos estiveron en produción até mediados do século XX.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caleira.
- ↑ Ramón López García. "Cal viva". ArqHys. Consultado o 7 de outubro de 2010.
- ↑ Caro Bellido, Antonio (2008). Diccionario de términos cerámicos y de alfarería. Cádiz: Agrija Ediciones. p. 61. ISBN 84-96191-07-9.
- ↑ CRC Handbook of Chemistry and Physics, 54th Ed, p F-76
- ↑ "Ruta Construyendo y blanqueando, caminos de cal, en Andalucía y Marruecos. Ruta elaborada por el Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ Parque etnológico de Caimari
- ↑ Puche Riart, Octavio and Mazadiego Martínez, Luis Felipe and Jordá Bordehore, Luis and Carvajal García, D. (2005) Los últimos hornos morunos para yeso de Ciempozuelos, Madrid. In: 2º Simposio sobre la Minería y metalurgía históricas en el sudoeste europeo , 23-27 junio 2004, Madrid.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os fornos de cal (en catalán).