Saltar ao contido

Francisco Bastarreche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Bastarreche

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1882 Editar o valor en Wikidata
Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1962 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 28 de maio de 1962
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Almirante
2 de agosto de 1941 – 14 de agosto de 1950 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1 de xaneiro de 1898 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeBando nacional Editar o valor en Wikidata
Rama militarArmada Española Editar o valor en Wikidata
Rango militaralmirante (1941–) Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de febreiro de 1937Desbandá Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesJosé Yusty Bastarreche, son's son
Salvador Moreno, irmán da esposa
Francisco Moreno Fernández, irmán da esposa Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5733679

Francisco Bastarreche Díaz de Bulnes, nado en Cádiz o 11 de agosto de 1882 e finado en Madrid o 12 de maio de 1962,[1] foi un militar e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do vicealmirante Félix Bastarreche Herrera. Ingresou na Escola Naval flotante en 1898, e participou como oficial nas campañas de Melilla e nas operacións de Mar Chica. Como capitán de corveta mandou o torpedeiro número 2, e despois nomeárono xefe do Polígono de Tiro de Ferrol. En 1931 era comandante do cruceiro Almirante Cervera e en 1935, sendo capitán de navío, e nomeárono director da Escola Naval Militar de Marín.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 adheriuse ao golpe e declarou o estado de guerra en Marín e coa colaboración da aviación foi un dos artífices da declaración do estado de guerra en Pontevedra. Foi nomeado comandante naval de Palma de Mallorca. Despois mandou o cruceiro Canarias e designárono comandante xeral do Departamento Marítimo de Cádiz. Ao rematar a guerra pasou ao Ministerio de Mariña, e despois volveu á Escuadra, ascendérono a almirante e nomeárono capitán xeneral do Departamento de Cartaxena. Foi conselleiro nacional de FET y de las JONS e procurador en Cortes, como capitán xeneral do Departamento de Cartaxena. Figurou como membro do Consello do Reino dende a súa creación. Colaborou no libro La guerra de Liberación Nacional, publicado pola Universidade de Zaragoza en 1961.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]
  • Foi nomeado fillo adoptivo de Alhama de Murcia, colocaron un busto na súa honra e unha avenida da localidade levaba o seu nome. Estas distincións foron retiradas en 2017, en aplicación da lei de memoria histórica.
  • En Cartaxena ten unha praza dedicada na que ten un busto.
  • Unha rúa de Marín levaba o seu nome ata que pasou a ser denominada "Rúa da Ponte" en aplicación da lei de memoria histórica, nun proceso non exento de polémica local[2][3][4].

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Moreno Fernández e foi pai de Concepción, Blanca e María Asunción Bastarreche Moreno. Foi avó de José Yusty Bastarreche.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]