Francisco Bustelo García del Real
Francisco Bustelo García del Real, nado en Madrid o 12 de xaneiro de 1933, é un político español de orixe galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Bustelo Vázquez e Carlota García del Real, e neto de Ramón Bustelo González. Doutorouse en económicas na Universidade Complutense de Madrid e dereito na Sorbona de París. Entre 1967 e 1972 deu clases na Facultade de Económicas da Complutense e en 1972 logrou a cátedra de Historia Económica Mundial e de España na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou na política durante os seus anos universitarios, foi un dos fundadores das Juventudes Socialistas[1], participou nas tentativas de rexurdimento do PSOE no interior, razón pola que pasou polo cárcere de Carabanchel, foi deportado no estado de excepción de 1969 á provincia de Teruel [2] e tivo que se exiliar en Francia e Suíza durante case sete anos[3]. No congreso do partido en Suresnes opúxose á elección de Felipe González como secretario xeral e ao abandono do marxismo, porén foi elixido membro da súa Comisión Executiva, dimitiu en 1976 por discrepancias coa dirección do seu partido. Foi membro do Comité Federal do PSOE e deputado pola provincia de Pontevedra (1977-1978) e senador por Madrid (1979-1982). Foi reitor da Universidade Complutense de Madrid (1981-1984).
En 1989 deixou o PSOE e ingresou[4] no PASOC partido integrante de Izquierda Unida. Por discrepancias con Julio Anguita deuse de baixa da coalición en 1996. No 2004 ingresou de novo no PSOE como militante de base.
Obras
[editar | editar a fonte]- Introducción al socialismo marxista, 1979.
- Historia económica, 1994.
- Introducción a la historia económica mundial y de España (siglos XIX-XX), 1996.
- La izquierda imperfecta, 1996.
- Quince ensayos de historia económica, 1999.
- La historia de España y el franquismo, 2006.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miguel Ángel Martínez Y las juventudes resurgieron en España"[Ligazón morta]
- ↑ Manuel Longares, Reseña de La Izquierda Imperfecta, El Mundo.
- ↑ Juan Sinova, La Izquierda Fracasada. El Mundo.
- ↑ El Pasoc quiere ingresar en la Internacional Socialista. El País, 27 de maio de 1990.