Francisco Castiñeira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1977 ![]() Delémont, Suíza ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() ![]() |
Francisco Manuel Castiñeira Romar, nado en Delémont, Suíza o 11 de maio de 1977, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes de Laxe. Pasou case toda a súa vida na Coruña, aínda que tamén residiu en Oviedo e en Santiago de Compostela. Ten estudos de Técnico Especialista en Laboratorio. Traballou en institutos de investigación, exercendo agora a súa actividade profesional nun laboratorio xenético en Regensburg, Baviera, Alemaña.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Seica chove, 2002, Baía Edicións.
- Coitelas, 2004, edición dixital.
- O cuspe dos poliquetos, 2004, edición dixital.
- Podería falar de nubes, 2012, Redelibros.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Na vangarda, 2004, Xunta de Galicia.
- Inventario de nubes e catro contos máis, 2006, Xunta de Galicia.
- Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo XXX (2004) e XXXI (2005), 2007.
- Premios Pedrón de Ouro. XXXVI (2010) e XXXVII (2011). Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo, 2011, Toxosoutos.
- "Violín quemado" (PDF). I Certame de MicroQontos. 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2012.
Premios
[editar | editar a fonte]- II Certame Ágora Conto no 2001.
- III Certame Suárez Ferrín no 2002.
- Certame Radio France International-Cide Hamete Benengeli no 2003, por O cuspe dos Poliquetos.
- Primeiro premio no II Certame Lucus Augusti no 2004, por Coitelas.
- Segundo premio no Certame Na Vangarda de Novos Creadores da Xunta de Galicia tamén no 2004, por Batallas que non se libran.
- Gañador do XXIII Premio Ourense de Contos para a Mocidade no 2006, por Inventario de nubes.
- Gañador do Certame Literario de Narrativa Breve da Federación de Asociaciones Gallegas da Arxentina no 2011, por Sobre maletas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog do autor Arquivado 09 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.