Saltar ao contido

Francisco Diz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Diz
Nome orixinalFrancisco Diz Vázquez
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1910
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1967 (56 anos)
País de nacionalidadeGalicia
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
  Deportivo da Coruña

Francisco Diz Vázquez, nado na Coruña o 9 de setembro de 1910 e finado o 16 de abril de 1967, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro e destacou no Deportivo da Coruña, onde formou unha famosa á esquerda xunto a Chacho. Tamén militou dúas tempadas no Real Madrid, co que gañou unha Copa do Presidente da República.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido na Coruña, xogou no Europa FC da mesma cidade, antes de pasar ao Emden, co que disputou a Terceira División na tempada 1929/30. No modesto club coruñés coincidiu con xogadores como Cachaza, Abelardo, Lolito, Medín ou Lelé, e obtivo a segunda posición do seu grupo, por detrás do Racing de Ferrol.[1]

No verán de 1930 fichou polo Deportivo da Coruña. Debutou en partido oficial no Campionato de Galicia, do que se proclamou campión esa tempada (1930/31). O 4 de xaneiro de 1931 xogou o seu primeiro partido na Segunda División, nunha derrota contra o Betis no Campo do Patronato de Sevilla.[2] Xogou catro tempadas no club branquiazul, formando unha célebre á esquerda con Chacho.[3] Gañou un segundo campionato galego e marcou 22 goles na Segunda División.

En 1934 recibiu ofertas de varios equipos, entre eles o FC Barcelona, que se interesou por el e mais por Chacho, viaxando os dous futbolistas coruñeses á cidade condal para xogar algúns partidos de proba. Alí chegaron a enfrontarse á selección brasileira de Leônidas, logrando un empate a catro goles.[4] Finalmente foi o Madrid FC o que fichou ao xogador, pechándose o traspaso en 10.000 pesetas para o Deportivo.[3][5]

Militou dúas tempadas no club madrileño, compartindo equipo entre outros con Zamora, Quincoces, os irmáns Luis e Pedro Regueiro, Lazcano ou o seu antigo compañeiro no Deportivo, Hilario; e proclamouse campión da Copa do Presidente da República en 1936. A continuación regresou á Coruña e xogou de novo no Deportivo, gañando un terceiro campionato galego.[6] Pouco despois sufriu unha grave lesión nunha perna durante un partido, presentándoselle unha gangrena que puxo fin á súa carreira deportiva.[7]

Trala súa retirada viviu na pobreza, recibindo donativos procedentes de colectas de persoas mundo do fútbol e de partidos benéficos para sufragar as súas estadías nos hospitais.[8][9][10] Faleceu dun infarto o 16 de abril de 1967 no hospital de Santiago de Compostela, onde estaba ingresado por un cancro nunha perna. A morte chegoulle mentres presenciaba no televisor un partido de fútbol entre o Córdoba e o Hércules.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

Real Madrid
  1. "Racing, 1; Emden, 0". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xaneiro de 1930. p. 5. 
  2. "El Deportivo pierde en Sevilla por 4-3". El Ideal Gallego (en castelán) (3238). 6 de xaneiro de 1931. p. 1. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Diz, al Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 1934. p. 2. 
  4. "Partidos do FC Barcelona na tempada 1933/34" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  5. "Ni para el Celta ni para el Athletic: para el Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán) (3318). 23 de novembro de 1934. p. 4. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  6. "El Deportivo, al empatar con el Lugo, se clasifica campeón". El Pueblo Gallego (en castelán) (4178). 12 de xaneiro de 1937. p. 4. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  7. "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra (en castelán) (15183). 13 de febreiro de 1937. p. 3. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  8. "La operación de Diz". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1943. p. 2. 
  9. "Suscripción pro Diz". La Noche (en castelán) (14130). 21 de febreiro de 1967. p. 3. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  10. "Para la vieja gloria del fútbol Paco Diz". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de marzo de 1967. p. 13. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  11. Rey-Alvite Feás, José (17 de abril de 1967). "Paco Diz falleció ayer en el Hospital de Santiago". La Noche (en castelán) (14176). p. 16. Consultado o 19 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]