Francisco García Villanueva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 ![]() Bueu, España ![]() |
Morte | 7 de decembro de 1936 ![]() Marín, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Xerello ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Francisco García Villanueva, coñecido como Xerello, nado en Bueu cara a 1912 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño da zona da Ramorta. Na Segunda República, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Bueu.[1] Dirixente da Juventud Socialista.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República. Foi detido o 31 de xullo acusado de insultar ás traballadoras da fábrica de Massó.[2] Xulgado en Pontevedra por rebelión o 18 de setembro, o fiscal Ramón Rivero de Aguilar retirou a acusación por non atopar materia de delito e foi absolto.[3] Intentan pasealo pero logrou fuxir con vida. Volven detelo e na madrugada do 7 de decembro foi trasladado de prisión no matadoiro de Marín. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Jacinto Lamosa Novas e José Seijas Camiña foron asasinados esa madrugada. O seu cadáver e o de José Seijas Camiña foron atopados preto do matadoiro de Marín.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cidrás Fuentes, Aldara (2019). "Memoria familiar, historia de todos: el caso de Francisco Escáneo Franco" (PDF). Experiencias en común: Colección jóvenes por la historia III. p. 331. ISBN 978-84-16723-76-8.