Francisco Javier Mulero Villena
Villena | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Javier Mulero Villena | ||
Nacemento | 17 de agosto de 1966 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
FC Barcelona | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1985–1988 | Barcelona Aficionados | 40 | (6) |
1987–1992 | Barcelona Atlético | 70 | (14) |
1990–1991 | → Real Burgos | 36 | (0) |
1991–1992 | → Mallorca | 21 | (0) |
1992–1994 | Mallorca | 63 | (4) |
1994–2000 | Compostela | 129 | (5) |
2000–2001 | Nàstic | 22 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Javier Mulero Villena, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1966, é un exfutbolista español que xogaba de defensa central e líbero. Formado na canteira do FC Barcelona, destacou especialmente no Mallorca e no Compostela, disputando todas as tempadas do club santiagués na Primeira División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse na canteira do FC Barcelona e xogou nos seus dous filiais, en Segunda B e Segunda. A pesar de xogar como defensa central, na súa última tempada no Barcelona B, foi o terceiro máximo goleador do equipo con 11 tantos, só por detrás de Pinilla e Geli.
En 1990 foi cedido ao Real Burgos, da Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada contra o Cádiz, e foi titular no equipo de Novoa toda a tempada, formando parella de centrais con José Luis Ribera. Ao ano seguinte saíu nunha nova cesión, ao Mallorca adestrado por Serra Ferrer, co que descendeu a Segunda na súa primeira campaña. Xogou dúas tempadas máis no equipo balear, disputando un total de 96 partidos.
En 1994 fichou pola SD Compostela de Castro Santos, que acababa de ascender á Primeira División por primeira e única vez na súa historia.[1] Durante os seguintes anos formou na defensa compostelá xunto a futbolistas como Bellido, Nacho, Mauro ou Tocornal, e disputou 154 partidos oficiais en seis anos. Deixou o club no ano 2000, xogando unha última tempada co Nàstic en Segunda B, onde logrou o ascenso a Segunda antes de retirarse en 2001.[2] Trala súa retirada foi secretario técnico do club catalán.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Villena, libero del Mallorca, se compromete con el Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xuño de 1994. p. 53.
- ↑ "Villena deja el Compostela después de seis campañas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2000. p. 57.
- ↑ "Rafa y el Nástic". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2001. p. 37.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán)