Mauro García
Nome orixinal | Mauro García Juncal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 21 de maio de 1971 (53 anos) Moaña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,77 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1989 - 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa, centrocampista e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Mauro García Juncal, nado en Moaña o 21 de maio de 1971, é un exfutbolista galego, que xogaba en diferentes posicións na banda dereita.
Destacou principalmente no Pontevedra, no que xogou nove tempadas, e no Compostela, onde militou cinco anos, tres deles na Primeira División. Disputou 470 partidos oficiais entre os dous equipos e xogou tamén co Rayo Vallecano en Primeira e na Copa da UEFA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Alondras, subindo ao primeiro equipo de Terceira División na tempada 1987/88. Na seguinte campaña foi fichado polo Pontevedra, que militaba na Segunda División B. Xogou seis tempadas na banda dereita do club pontevedrés, principalmente en funcións ofensivas, disputando máis de 200 partidos e marcando 23 goles.
A súa fichaxe en 1995 polo Compostela provocou un enfrontamento entre os presidente dos dous clubs, Ramón Crespo e José María Caneda, polo xeito no que esta se levou a cabo.[1] Debutou co equipo santiagués na primeira xornada da tempada 1995/96 da Primeira División, no derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos, onde entrou na segunda parte para substituír a Iñaki Eraña. Na primeira parte da tempada, a pesar de xogar case todos os partidos, fíxoo habitualmente saíndo dende o banco. Isto cambiou a partir de decembro, cando se fixo coa titularidade, colocándoo Fernando Vázquez en labores defensivos, no lateral dereito. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría nunha vitoria por 2-1 contra o Athletic Club en San Lázaro.
Foi unha das pezas máis habituais da defensa compostelanista durante os seguintes anos, xunto a Bellido, Villena e Nacho, e militou no club ata o ano 2000, sumando 190 partidos en cinco tempadas (tres en Primeira e dúas en Segunda). A continuación fichou polo Rayo Vallecano de Juande Ramos, na Primeira División. Militou tres tempadas no club madrileño, co que xogou a Copa da UEFA, perdendo a categoría na última delas.
No ano 2003 regresou ao Pontevedra, adestrado por José Aurelio Gay.[2] Titular indiscutible, na súa primeira tempada contribuíu ao primeiro ascenso do club á Segunda División en case 30 anos. Xogou no club granate ata a súa retirada en 2006, alcanzando os 280 partidos oficiais co club.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Pontevedra califica de impresentable a Caneda". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1995. p. 47.
- ↑ "El Pontevedra apura la confección de la plantilla". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2003. p. 33.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).