José María Caneda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Jose María Caneda Antelo, tamén coñecido como Xosé María Caneda[1], nado en Amio (Santiago de Compostela) en 1947, é un empresario e directivo futbolístico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou no sector da electricidade, e deveu coñecido por ser o presidente da Sociedade Deportiva Compostela en diversos períodos.
En 1988 chegou á presidencia do club, e en 1989 fichou o adestrador Fernando Castro Santos. Na primeira tempada deste, a 1989-90, o equipo regresou á segunda división B, e ó ano seguinte logrou ascender á segunda división logo de quedar terceiro na fase regular e vencer no grupo de ascenso, superando ó Alcoyano, o CD Badajoz e o Alavés.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Ten once irmáns[2]. Un deles é o dono dunha coñecida tenda de material deportivo de Santiago de Compostela.
Anos despois de deixar a xestión deportiva, a finais de 2022, anunciou que estaba a tratamento por unha enfermidade grave[3] que posteriormente sinalou como cancro de estómago e de esófago[2].
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Caneda, José María". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 175.
- ↑ "Xosé María Caneda: "Fichei a Vázquez unha noite tomando un café nun local de Santiago"". www.crtvg.es. Consultado o 2023-02-01.
- ↑ 2,0 2,1 Calvo, Naso (2023-01-29). "José María Caneda, expresidente del Compostela: «Estuve 10 meses sin comer y pasé de 95 kilos a quedarme solo en 64»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-02-02.
- ↑ "José María Caneda, sobre su enfermedad: «Me derrumbé cuando me lo comunicaron, pero a las pocas horas dije: 'no, no me puede llevar tan rápidamente'»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-02-01. Consultado o 2023-02-01.