Francisco Otero Juncal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1891 valor descoñecido |
Morte | maio de 1981 (89/90 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Período de actividade | 1917 - |
Francisco Otero Juncal, nado cara a 1891 e finado en Pontevedra en maio de 1981, foi un sindicalista, político, carpinteiro e ebanista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vicepresidente da Sociedade de Ebanistas de Pontevedra. Presentouse ás eleccións municipais de 1917 e 1920, pero non foi elixido; volveu presentarse en febreiro de 1922 e foi elixido concelleiro. Dirixiu o periódico Nueva Aurora. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro corporativo de Pontevedra en abril de 1924 pero rexeitou o cargo. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Amando Guiance Pampín e Valeriano Barros.[1] Pertenceu ao Centro Republicano de Pontevedra do que chegou a formar parte da directiva como vocal 2º, militou no Partido Radical Socialista e despois integrouse en Unión Republicana. Foi mestre de taller de ebanistería e carpintería da Escola de Traballo de Pontevedra (1934-1936). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do seu posto e condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en agosto de 1940 a cinco anos de inhabilitación e 100 pesetas de multa.[2] Finou en Pontevedra aos 90 anos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia, 16-3-1924, p. 1.
- ↑ BOE, 6-10-1940, p. 4665.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-5-1981, p. 23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 6 de agosto de 2013.