Nueva Aurora
Nueva Aurora | |
---|---|
Fundación | 1919 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nueva Aurora foi un periódico aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1923.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Quincenario Obrero-Socialista, a partir do número 12 pasou a chamarse Semanario Obrero-Socialista e desde o número 27 foi Semanario Socialista. Apareceu a finais de xullo de 1919. Xurdiu da fusión entre Aurora Roja e Acción Obrera. Foron os seus directores Ramiro Paz Carbajal (até outubro de 1920), Francisco Tilve Rodríguez e Francisco Otero Juncal. Tivo unha primeira época de tendencia socialista ata que en 1921 se converteu nunha das publicacións do Partido Comunista. No primeiro período incluíu información e documentos sobre o PSOE e UGT, artigos teóricos, poesía social e manifestou preocupación pola política municipal. O seu obxectivo era gañar aceptación entre a clase obreira e fortalecer a presenza do Partido Socialista na sociedade. Entre os seus colaboradores estaba Urbano Rodríguez Moledo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nueva Aurora". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Marco, Aurora (2003). Ramiro Paz Carbajal 1891-1936. Unha vida segada pola barbarie. Noia: Toxosoutos. pp. 39–44. ISBN 84-96259-03-X.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.