Francisco Suárez Salgado
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1862 ![]() Beba, España ![]() |
Morte | 20 de agosto de 1910 ![]() Os Ánxeles, España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, sacerdote católico ![]() |
Membro de | |
![]() |
Francisco Suárez Salgado, nado en Beba (Mazaricos) o 13 de febreiro de 1862 e finado nos Ánxeles (Brión) o 20 de agosto de 1910, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/1897_%C3%81_Rosal%C3%ADa_Castro%2C_en_el_duod%C3%A9cimo_aniversario_de_su_muerte%2C_los_gallegos_residentes_en_la_Rep%C3%BAblica_Argentina.pdf/page37-220px-1897_%C3%81_Rosal%C3%ADa_Castro%2C_en_el_duod%C3%A9cimo_aniversario_de_su_muerte%2C_los_gallegos_residentes_en_la_Rep%C3%BAblica_Argentina.pdf.jpg)
Cursou estudos de humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago. Dedicouse ao xornalismo, comezando en La Cruz, de Santiago, con composicións satíricas moi celebradas; fundou no Carril El Varapalo de Picaños; colaborou en El Libredón, Gaceta de Galicia, El Ciclón e El Pensamiento Galaico de Santiago, La Voz de Galicia da Coruña, El Siglo Futuro, El Noticiero e El Imparcial de Madrid. En Compostela fundou o semanario político-literario La Verdad.
En 1885 emigrou a Buenos Aires, onde seguiu exercendo a carreira sacerdotal como párroco de Quilmes (1887-1893)[1] e colaborando na prensa da capital arxentina. Volveu a Galicia en 1890.[2] En 1898 regresou definitivamente a Galicia, como representante en Europa do periódico El Eco de Galicia e en 1902 fundou en Santiago de Compostela a revista La Acción Católica, que tamén dirixiu, e cursou a carreira de dereito.
Destacou como orador, sendo o primeiro sacerdote que utilizou o galego nos seus discursos patrióticos. Das súas conferencias e discursos destaca o titulado "A alma galega encarnada en Rosalía de Castro".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sacerdotes que ejercieron su ministerio en la Catedral desde los comienzos hasta nuestros días". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 13 de febreiro de 2012.
- ↑ Gaceta de Galicia, 11-8-1890, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Suárez Salgado ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. pp. 453–454. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6 de novembro de 2013.