Frank Sampedro
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1949 (75 anos) Virxinia Occidental, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Poncho |
Educación | Escola Preparatoria de Hollywood |
Actividade | |
Ocupación | músico, guitarrista |
Período de actividade | 1971 - 2014 |
Membro de | |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Reprise Records |
|
Frank "Poncho" Sampedro, nado en Welch, Virxinia Occidental, o 25 de febreiro de 1949, é un músico estadounidense de orixe galega, recoñecido polo seu traballo como guitarrista da banda de rock Crazy Horse, principal grupo de respaldo de Neil Young.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun inmigrante galego de Ribeira, naceu o 25 de febreiro de 1949 en Virxinia Occidental e creceu en Detroit.[1] Uns anos despois, trasladouse a California en canto tivo idade suficiente para conducir.
Despois de tocar con varias bandas, e grazas á súa amizade con Billy Talbot, pasou a formar parte do grupo Crazy Horse, substituíndo a Danny Whitten, que morreu en novembro de 1972 por mor dunha sobredose.[1] O primeiro traballo de Sampedro con Neil Young foi en Zuma, [2] marcando un estilo musical máis próximo ao hard rock e máis presente en traballos posteriores como Rust Never Sleeps e Ragged Glory.
Ademais do seu traballo con Crazy Horse, Sampedro traballou con Young en proxectos en solitario ou con outras bandas como This Note's for You e Freedom, marcando unha ruptura con Talbot e Ralph Molina que provocou a ausencia do músico na gravación de Left for Dead. Tampouco participou na gravación de Greendale en 2003, aínda que se uniu á xira posterior como guitarrista.
Traballou ademais durante 18 anos como asistente da banda do programa The Tonight Show de Jay Leno.[3] Sampedro reside actualmente en Hawai.[3]
En agosto de 2012, durante o Alchemy Tour, a primeira de Neil Young con Crazy Horse en oito anos, Sampedro sufriu unha fractura no pulso, o que obrigou a Young a cancelar varios concertos en Europa e América do Norte.[4]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Sampedro utiliza habitualmente unha Gibson Les Paul e unha Gibson ES-335.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Con Crazy Horse
- Crazy Moon (1978)
- Gone Dead Train: The Best of Crazy Horse 1971-1989 (2005)
- Scratchy: The Complete Reprise Recordings (2005)
- Con Neil Young & Crazy Horse
- Zuma (1975)
- Rust Never Sleeps (1979)
- Live Rust (1979)
- Re-ac-tor (1981)
- Life (1987)
- Ragged Glory (1990)
- Weld (1991)
- Arc (1991)
- Sleeps with Angels (1994)
- Broken Arrow (1996)
- Year of the Horse (1997)
- Americana (2012)
- Psychedelic Pill (2012)
- Con Neil Young
- American Stars 'N Bars (1977)
- Comes a Time (1977)
- Trans (1982)
- This Note's for You (1988)
- Freedom (1989)
- Are You Passionate? (2002)
- Chrome Dreams II (2007)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Luis P., Ferreiro (18 de abril de 2010). "Rock en la sangre y gaitas en el ADN". La Opinión A Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Greene, Andy (17 de abril de 2013). "Crazy Horse Guitarist Frank ‘Poncho’ Sampedro: ‘My Gut Tells Me This Is the Last Tour’". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Greene, Andy (14 de xuño de 2012). "Q&A: Crazy Horse’s Frank ‘Poncho’ Sampedro on 37 Years With Neil Young". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Michaels, Sean ((9 de agosto de 2012). "Neil Young cancels remainder of British and European tour dates". The Guardian (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022.