Franz Benda
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (cs) František Benda ![]() 22 de novembro de 1709 ![]() Staré Benátky (en) ![]() ![]() |
Morte | 7 de marzo de 1786 ![]() Potsdam ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Bohemia Reino de Prusia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor , Concertino , violinista ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Movemento | Música barroca ![]() |
Profesores | Johann Gottlieb Graun (en) ![]() ![]() |
Alumnos | Christian Friedrich Georg Berwald e Maria Carolina Wolf (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua checa ![]() |
Instrumento | Violín ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Maria Carolina Wolf (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pai | Hans Georg Benda (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Jiří Antonín Benda (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Franz Benda (en checo František Benda), nado en Benátky nad Jizerou e bautizado o 22 de novembro de 1709 e finado o 7 de marzo de 1786, foi un compositor e violinista bohemio, irmán máis vello de Jiří Antonín Benda, e que traballou a maior parte da súa vida na corte de Frederico o Grande e foi o fundador da escola alemá de violín.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Franz naceu nunha familia de músicos, estudou música cos xesuítas en Praga e desde os dez anos no coro da capela real de Dresde ó tempo que aprendía a tocar o violín. Ós 18 anos volveu a Praga e de alí a un pouco marchou a Viena, onde estudou violín con Johann Heinrich Graun, pupilo de Tartini. Logo de dous anos foi nomeado mestre de capela en Varsovia e despois foi membro da banda do Príncipe Real de Prusia e despois sucedeu a Graun na dirección dos concertos reais.
Comezou a compoñer as súas propias pezas ós catorce anos. Entre as súas numerosas composicións está o concerto para frauta e orquestra en sol menor, quince concertos para violín e máis dun centro doutras pezas para violín. As súas composicións atópanse entre o barroco e o clasicismo vienés.