Frecuencia de reloxo
Aparencia
A frecuencia de reloxo indica a velocidade á que un ordenador realiza as súas operacións máis básicas, como sumar dous números ou transferir o valor dun rexistro a outro. Mídese en ciclos por segundo (hertzs).
Os diferentes circuítos integrados dun ordenador poden funcionar a diferentes frecuencias de reloxo, polo que cando se usa a expresión frecuencia de reloxo aplicado a un ordenador, adoita sobreentenderse que se refire a velocidade de funcionamento da CPU principal.
No contexto da electrónica dixital, máis concretamente na secuencial, é a frecuencia do sinal de reloxo que, enviada a todos os dispositivos, sincroniza a operación destes.