Saltar ao contido

Fred MacMurray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFred MacMurray

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Frederick Martin MacMurray Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1908 Editar o valor en Wikidata
Kankakee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Santa Monica (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia
pneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Holy Cross Editar o valor en Wikidata
EducaciónCarroll University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata - 1978 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJune Haver (1954–1991) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0534045 Allocine: 414 Rottentomatoes: celebrity/fred_macmurray Allmovie: p44291 55171 TV.com: people/fred-macmurray IBDB: 50837
BNE: XX1092487 Musicbrainz: 9b22d7f4-108a-4712-8511-d63b53ec51b2 Discogs: 1823059 WikiTree: MacMurray-23 Find a Grave: 1560 Editar o valor en Wikidata

Frederick Martin MacMurray, nado en Kankakee (Illinois) o 30 de agosto de 1908 e finado en Santa Monica (California) o 5 de novembro de 1991, foi un actor estadounidense que participou en máis de cen filmes e series de televisión de éxito nunha carreira profesional que se estendeu desde as décadas de 1930 a 1970.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras estudar música, intentou gañar a vida como saxofonista, mais tras unha xira chegou a California, onde abandonou a música para iniciar a súa carreira como actor, primeiro como figurante ata que en 1935 asinou un contrato con Paramount[1] tendo o seu primeiro papel principal en The Gilded Lyly, dirixido por Wesley Ruggles e con grandes estrelas do momento, como Claudette Colbert e Ray Milland.

No seu seguinte filme MacMurray actuou xunto a Katharine Hepburn en Alice Adams, dirixido por George Stevens. Antes de acabar o ano 1935 e a principios de 1936 interveu en dous filmes xunto a outra das grandes estrelas femininas da década, Carole Lombard, en Hands Across the Table de Mitchell Leisen e The Princess Came Across de William K. Howard.

Durante a década de 1930 continuou a participar en comedias, mais a partir de 1940 apareceu tamén en filmes doutros xéneros, como western, drama e cinema negro demostrando a súa versatilidade como actor. Na mesma década destacou noutros filmes dirixidos por Mitchell Leisen como Remember the Night con Barbara Stanwyck, The Lady Is Willing, con Marlene Dietrich, Take a Letter, Darling con Rosalind Russell, e No Time for Love, con Claudette Colbert. Tamén traballou en Too Many Husbands de Wesley Ruggles, con Jean Arthur. Porén, o filme polo que é máis lembrado é Double Indemnity, dirixido por Billy Wilder en 1943, acompañado por Barbara Stanwyck e Edward G. Robinson.[2]

Na década de 1950 a súa estrela foise apagando paseniño e apareceu en producións menores ou en papeis secundarios en filmes grandes. En 1954 actuou en O motín do Caine, de Edward Dmytryk, onde compartiu pantalla con Humphrey Bogart, Van Johnson e José Ferrer.[3] Ese mesmo ano rodou Pushover, de Richard Quine con Kim Novak, en que interpretou unha personaxe similar á de Double Indemnity que realizara once anos antes. En 1955 foi un dos protagonistas de The Far Horizons de Rudolph Maté con Charlton Heston e Donna Reed, onde se recreaba a expedición de Lewis e Clark.

En 1960 actuou en O apartamento, de Billy Wilder, en que MacMurray foi o malvado xefe que se aproveitaba da personaxe interpretada por Jack Lemmon para seducir a ascensorista interpretada por Shirley MacLaine. Nesa década protagonizou varias longametraxes para Disney: The Absent-Minded Professor, a súa secuela Son of Flubber e Follow Me, Boys!, onde interpretou un xefe de boy scouts nunha típica comedia familiar. Finalizou a súa carreira en 1978 co filme O enxame de Irwin Allen.[4]

Despois dunha longa loita contra a leucemia, faleceu aos 83 anos por unha pneumonía en Santa Monica.[5] Foi sepultado no Holy Cross Cemetery de Culver City.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1929 Girls Gone Wild Extra Sen acreditar
1929 Why Leave Home? Sen acreditar
1929 Tiger Rose Rancher Sen acreditar
1934 Friends of Mr. Sweeney Walk-on part Sen acreditar
1935 Grand Old Girl Sandy
1935 The Gilded Lily Peter Dawes
1935 Car 99 Trooper Ross Martin
1935 Men Without Names Richard Hood / Richard 'Dick' Grant
1935 Alice Adams Arthur Russell
1935 Hands Across the Table Theodore Drew III
1935 The Bride Comes Home Cyrus Anderson
1936 The Trail of the Lonesome Pine Jack Hale
1936 13 Hours by Air Jack Gordon
1936 The Princess Comes Across Joe King Mantell
1936 The Texas Rangers Jim Hawkins
1937 Champagne Waltz Buzzy Bellew
1937 Maid of Salem Roger Coverman of Virginia
1937 Swing High, Swing Low Skid Johnson
1937 Exclusive Ralph Houston
1937 True Confession Kenneth Bartlett
1938 Cocoanut Grove Johnny Prentice
1938 Men with Wings Pat Falconer
1938 Sing You Sinners David Beebe
1939 Cafe Society Crick O'Bannon
1939 Invitation to Happiness Albert 'King' Cole
1939 Honeymoon in Bali Bill 'Willie' Burnett
1940 Remember the Night John Sargent
1940 Little Old New York Charles Brownne
1940 Too Many Husbands Bill Cardew
1940 Rangers of Fortune Gil Farra
1941 Virginia Stonewall Elliott
1941 One Night in Lisbon Dwight Houston
1941 Dive Bomber Joe Blake
1941 New York Town Victor Ballard
1942 The Lady Is Willing Dr. Corey T. McBain
1942 Star Spangled Rhythm Frank in Card-Playing Skit
1942 Take a Letter, Darling Tom Verney
1942 The Forest Rangers Don Stuart
1943 No Time for Love Jim Ryan
1943 Flight for Freedom Randy Britton
1943 Above Suspicion Richard Myles
1944 Standing Room Only Lee Stevens
1944 And the Angels Sing Happy Morgan
1944 Double Indemnity Walter Neff
1944 Practically Yours Daniel Bellamy
1945 Where Do We Go from Here? Bill Morgan
1945 Captain Eddie Edward Rickenbacker
1945 Murder, He Says Pete Marshall
1945 Pardon My Past Eddie York / Francis Pemberton
1946 Smoky Clint Barkley
1947 Suddenly, It's Spring Peter Morely
1947 The Egg and I Bob MacDonald
1947 Singapore Matt Gordon
1948 On Our Merry Way Al
1948 The Miracle of the Bells Bill Dunnigan
1948 An Innocent Affair Vincent Doane
1949 Family Honeymoon Grant Jordan
1949 Father Was a Fullback George Cooper
1950 Borderline Johnny McEvoy – aka Johnny Macklin
1950 Never a Dull Moment Chris
1951 A Millionaire for Christy Peter Ulysses Lockwood
1951 Callaway Went Thataway Mike Frye
1953 Fair Wind to Java Captain Boll
1953 The Moonlighter Wes Anderson
1954 O motín do Caine Tom Keefer
1954 Pushover Paul Sheridan
1954 Woman's World Sid Burns
1955 The Far Horizons Captain Meriwether Lewis
1955 The Rains of Ranchipur Thomas "Tom" Ransome
1955 At Gunpoint Jack Wright
1956 There's Always Tomorrow Clifford Groves
1957 Gun for a Coward Will Keough
1957 Quantez Gentry / John Coventry
1958 Day of the Badman Judge Jim Scott
1959 Bo día para a forca Marshal Ben Cutler
1959 The Shaggy Dog Wilson Daniels
1959 Face of a Fugitive Jim Larsen aka Ray Kincaid
1959 The Oregon Trail Neal Harris
1960 O apartamento Jeff D. Sheldrake
1961 The Absent-Minded Professor Professor Ned Brainard
1962 Bon Voyage! Harry Willard
1963 Son of Flubber Ned Brainard
1964 Kisses for My President Thad McCloud
1966 Follow Me, Boys! Lemuel Siddons
1967 The Happiest Millionaire Antony Drexel-Biddle
1973 Charley and the Angel Charley Appleby
1978 O enxame Mayor Clarence Tuttle inal film role
  1. Watters, Sam (2011-10-01). "Mr. Un-Modern Fred MacMurray". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2023-07-11. 
  2. "The Kansas City Times 12 Dec 1956, page 24". Newspapers.com (en inglés). Consultado o 2023-07-13. 
  3. "TCM Movie Database". Tcmdb.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2007. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  4. "The Swarm Is a Disaster Movie Only a Murder Hornet Could Love". Gizmodo (en inglés). 2020-05-11. Consultado o 2023-07-11. 
  5. Flint, Peter B. (6 de novembro de 1991). "Fred MacMurray Is Dead at 83; Versatile Film and Television Star". The New York Times. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]