Saltar ao contido

Fundación San Rosendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación San Rosendo
PropósitoApoio a colectivos desfavorecidos
Campo de traballoIntervención social
Data de fundación1992
Fundador(es)Benigno Moure
Presidente/aJosé Luis Gavela Varela
Nº de empregados1.670
Organización relacionadaIgrexa Católica
PaísGaliza
Na rede
[Web]

A Fundación San Rosendo é unha organización benéfica privada. Ten a súa orixe en Caritas Diocesana de Ourense, que desenvolveu iniciativas de apoio a colectivos desfavorecidos desde 1972. O sacerdote Benigno Moure tivo un papel destacado na organización destas propostas até que, en 1992, o Bispado de Ourense constitúe a fundación con fins xerais de interese galego para desenvolver funcións de asistencia social tomando o nome de San Rosendo en referencia ao bispo ourensán recoñecido tradicionalmente pola súa defensa da xustiza, o desenvolvemento e o benestar. A Fundación conta con 71 centros asistenciais nos que hai centros e apartamentos tutelados para persoas maiores, centros para persoas con discapacidade, centros de rehabilitación e centros de augas mineromedicinais ofrecendo máis de 3.700 prazas.[1]

Organigrama

[editar | editar a fonte]

O padroado da Fundación é o órgano soberano que toma as decisións relativas ao funcionamento da institución e está formado por sete persoas: presidente, secretario, tesoureiro e 4 vocais. Conta tamén cun presidente honorario e fundador, Benigno Moure Cortés. A Fundación San Rosendo está formada por un equipo profesional de máis de 1.670 persoas en distintas áreas de traballo.[2]

Tipos de centros

[editar | editar a fonte]
Lateral do edificio de dous andares da Residencia Xeriátrica Os Gozos (O Pereiro de Aguiar)
Residencia Xeriátrica dos Gozos (O Pereiro de Aguiar)

A fundación conta con centros de diversa natureza.[3]

Centros para persoas maiores

[editar | editar a fonte]
  • 7 centros para persoas autónomas
  • 13 apartamentos tutelados e vivenda comunitaria
  • 3 centros mixtos (autónomos e asistidos)
  • 36 centros para persoas asistidas

Centros para persoas con discapacidade

[editar | editar a fonte]
  • 12 residencias e centros especializados

Outros centros

[editar | editar a fonte]
  • Unidade Terapéutica do Alcol
  • Centro de inclusión Santa Olalla

Catálogo de servizos

[editar | editar a fonte]

Os centros da Fundación San Rosendo ofrecen un catálogo de servizos xeral.[4]

Sanitarios

[editar | editar a fonte]
  • Valoración integral e plan de atención individualizado
  • Atención sanitaria preventiva
  • Atención sanitaria xeral
  • Atención en grandes síndromes xeriátricos
  • Servizos fisioterapéuticos e de rehabilitación
  • Valoración e atención nutricional
  • Asesoramento médico a usuarios e familias
  • Servizo de enfermaría: tratamentos, curas, seguimento de enfermidades
  • Control e xestión da medicación
  • Servizos de atención psiquiátrica.

Asistenciais

[editar | editar a fonte]
  • Apoio para a hixiene persoal, aseo e vestido
  • Apoio para o coidado da imaxe.
  • Axuda para a orde dos cuartos
  • Axuda para levantar e deitar ás persoas
  • Axuda para traslados
  • Axuda para o tratamento da inmobilidade
  • Axuda na alimentación
  • Axuda para o tratamento da incontinencia
  • Axuda na administración da medicación

Psicosociais

[editar | editar a fonte]
  • Valoración integral e plan de atención individualizado
  • Apoio no ingreso, no proceso de adaptación e en posíbeis problemas de convivencia
  • Atención familiar, participación en actividades e no plan de atención individualizado
  • Actividades de intervención social e comunitaria
  • Programas de intervención en funcións cognitivas (psicoestimulación, adestramento de memoria e orientación)
  • Programas de intervención en funcións psicoafectivas, para o estado de ánimo, depresión e trastornos de ansiedade
  • Apoio persoal nas distintas áreas de forma individualizada e grupal
  • Actividades de animación sociocultural

Hostalaría

[editar | editar a fonte]
  • Aloxamento
  • Manutención
  • Lavandaría
  • Limpeza de espazos xerais e cuartos
  • Custodia de propiedades persoais
  1. "QUIENES SOMOS – Fundación San Rosendo" (en castelán). Consultado o 2022-09-14. 
  2. "PATRONATO Y ORGANIGRAMA 2 – Fundación San Rosendo" (en castelán). Consultado o 2022-09-15. 
  3. "CENTROS MAYORES – Fundación San Rosendo" (en castelán). Consultado o 2022-09-15. 
  4. "CATÁLOGO DE SERVICIOS – Fundación San Rosendo" (en castelán). Consultado o 2022-09-15. 

Véxase ramén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]