Caritas
Caritas Internationalis | |
---|---|
Acrónimo | CI, CI e CI |
Tipo | entidade filantrópica, international association of the faithful, organización católica e axencia de asistencia |
Propósito | Servizo aos pobres, caridade e xustiza social no mundo |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 8 de novembro de 1897 |
Fundador(es) | Lorenz Werthmann |
Presidente/a | Tarcisius Isao Kikuchi (pt) (2023-) n 1116097 cc mirror.svg|10px|baseline|class=skin-invert|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q3022966?uselang=gl]] (2005-2007)
Fuad Tual (1999-2005) Affonso Felippe Gregory (pt) (1991-1999) Alexandre do Nascimento (1983-1991) Georg Hüssler (pt) (1975-1983) Aloísio Lorscheider (pt) (1974-1975) Carl Vath (pt) (1972-1974) Jean Rodhain (pt) (1965-1972) Raúl Silva Henríquez (pt) (1962-1965) Ferdinando Baldelli (1951-1962) |
Nº de membros | 162 (2024) |
Organización relacionada | Igrexa Católica |
Sede | Palazzo di San Callisto |
País | Internacional |
41°53′18″N 12°28′12″L / 41.8883, 12.47 | |
Na rede | |
https://www.caritas.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Caritas Internationalis é unha organización pertencente á Igrexa católica que agrupa 165 organizacións nacionais de asistencia, desenvolvemento e servizo social.[1] Dedícase á loita contra a pobreza, a exclusión, a intolerancia e a discriminación. Habilita a persoas con menos recursos a participar nos asuntos que afectan directamente as súas vidas e intercede por eles en foros nacionais e internacionais. Ademais, brinda axuda a persoas en risco de exclusión social, dándolles fogar por algúns días, alimentos e servizos básicos de saúde.[2]
Historia de Cáritas
[editar | editar a fonte]A organización Cáritas naceu na cidade alemá de Colonia, o 9 de novembro de 1897. Foi creada polo prelado Lorenz Werthmann (1858–1921) baixo o nome orixinal "Charitasverband für dás katholische Deutschland" ("Asociación Cáritas para a Alemaña católica").[3] En 1919, foi recoñecida pola conferencia episcopal como a unión das asociacións diocesanas dedicadas a actividades de caridade. Durante a época do nacionalsocialismo, a asociación Cáritas perdeu forza política e legal, a pesar de ser legalmente recoñecida desde 1933. A sede de Cáritas en Alemaña está desde os seus inicios en Friburgo de Brisgovia.
Despois da segunda guerra mundial, Cáritas Alemaña incrementou as súas actividades na distribución de axuda e na década dos anos sesenta chegaron voluntarios estranxeiros para axudar aos damnificados tanto de catástrofes naturais como da posguerra. En 1951, constitúese como "Conferencia Internacional". En 1954 adopta o nome Caritas Internationalis coa súa sede en Roma. Despois da reunificación das dúas Alemañas, Cáritas logrou o recoñecemento na antiga República Democrática Alemá e a organización foi legalmente estabelecida, reiniciando o seu traballo en 1990. En 1993 acordouse ter un consello central de Cáritas en Alemaña e en 2005 reformouse este consello, sendo o seu director monseñor Peter Neher (Algovia, Baviera). Seguindo este modelo, creáronse organizacións nacionais de Cáritas noutros países do mundo.[4]
Cáritas no mundo
[editar | editar a fonte]Cáritas en América
[editar | editar a fonte]Cáritas desenvolve o seu labor nos seguintes países de América: Antillas, Arxentina, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Guatemala, Haití, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Uruguai e Venezuela (25 países).[5] Na Arxentina, Cáritas foi recoñecida en 1998 pola Fundación Konex co máximo galardón que entrega a institución, o Konex de Brillante, á institución máis importante do país na última década.[6]
Cáritas en Asia
[editar | editar a fonte]Cáritas desenvolve o seu labor nos seguintes países e rexións de Asia: Afganistán, Bangladés, Camboxa, a China, Timor Leste, Hong Kong, India, Indonesia, o Xapón, Casaquistán, Macau, Malaisia, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Filipinas, Singapur, Sri Lanka, Taiwán, Taxiquistán, Tailandia, Turquía , Uzbekistán, Corea do Sur e Corea do Norte (26 países ou rexións).[7]
Cáritas en Europa
[editar | editar a fonte]Cáritas desenvolve o seu labor nos seguintes países de Europa: Albania, Alemaña, Andorra, Austria, Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Dinamarca, Reino Unido, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Italia, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Moldova, Mónaco, Noruega, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia, Suíza, Ucraína e Xeorxia (40 países).[8] Cáritas Española recibiu o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 1999.[9]
Cáritas en Oceanía
[editar | editar a fonte]Cáritas desenvolve o seu labor en seis rexións en Oceanía, incluíndo os seguintes países: Australia, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea e Micronesia.[10]
Cáritas en África
[editar | editar a fonte]Cáritas desenvolve o seu labor nos seguintes países de África: Angola, Benín, Botswana, Burkina Faso, Burundi, Camerún, Cabo Verde, Chad, Comores, Congo, Costa do Marfil, Eritrea, Eswatini, Etiopía, Gabón, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Kenya, Lesoto, Liberia, Madagascar, Malawi, Malí, Mauricio, Mozambique, Namibia, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Ruanda, San Tomé e Príncipe, Senegal, Seychelles, Serra Leoa, Suráfrica, Sudán do Sur, Sudán, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabue. É o continente onde máis presenza ten, xa que son 48 países os que colaboran.[11]
Estrutura e organización[12]
[editar | editar a fonte]Está formada por máis de 160 organizacións benéficas nacionais ou colectivos que traballan co apoio da respectiva Conferencia Episcopal.
As rexións
[editar | editar a fonte]Está dividida en sete rexións: África, Asia, Europa, América Latina e o Caribe, o Medio Oriente e Norte de África (MONA), América do Norte, e Oceanía.
Os órganos directivos
[editar | editar a fonte]Asemblea xeral: reúne os delegados cada catro anos na Cidade do Vaticano e elixe os membros do Consello Representativo, ao presidente, aos vicepresidentes, ao secretario xeral e ao Tesoureiro de Caritas Internationalis.
Xunta Directiva: composta por sete membros, entre os que se atopan o presidente e dous vicepresidentes, así como tres membros elixidos pola Santa Sé e un polo Consello Representativo.
Sede e delegacións
[editar | editar a fonte]O secretariado xeral de Caritas Internationalis está no Vaticano e hai delegacións ante Nacións Unidas, en Nova York e Xenebra.
As organizacións membros
[editar | editar a fonte]En cada estado, cada organización nacional está vinculada á Conferencia Episcopal.
Financiamento das súas tarefas
[editar | editar a fonte]Cáritas como unidade local é autónoma e independente aínda que existe o principio de apoio entre toda a comunidade global. Unha das formas en que axuda á comunidade é recollendo roupa usada para darlla ás persoas que máis a necesitan así como alimentos non perecedoiros. O financiamento de Cáritas provén de doazóns tanto de diñeiro como en especie.[13]
Voluntariado
[editar | editar a fonte]O voluntariado que traballa con Cáritas pode realizar o seu labor de maneira simple acudindo aos centros locais de Cáritas ou acudindo á parroquia máis próxima, onde é posíbel rexistrarse e realizar un labor e doar diñeiro para as persoas necesitadas. Dependendo das actividades e o país onde vai traballar, o voluntariado recibe a capacitación adecuada ao traballo por desenvolver.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ d'Urgell, Càritas (2016-10-07). "Història de Càritas • Càritas d'Urgell". Càritas d'Urgell (en catalán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2017.
- ↑ "Caritas Internationalis". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "History of Caritas". www.caritas.org. Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o 14 de agosto de 2011.
- ↑ "Latin America & Caribbean". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Asia". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Europe". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Acta del Jurado - 1999 - Concordia". Fundación Príncipe de Asturias. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2007.
- ↑ "Oceania". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Africa". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Los órganos directivos". Caritas (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Financiar". Caritas (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ "Actúe". Caritas (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anheier, H. K. (2009). Toepler, S., ed. International Encyclopedia of Civil Society. Springer. pp. 98–99. ISBN 9780387939964.
- Barnett, M.; Gross Stein, J. (2012). Sacred Aid: Faith and Humanitarianism. Oxford University Press. pp. 215–218. ISBN 9780199916030.
- Clarke, M. (2011). Development and Religion: Theology and Practice. Edward Elgar Publishing. pp. 132–142. ISBN 9780857930736.
- Frerk, C. (2005). Cáritas und Diakonie in Deutschland. Alibri. ISBN 3-86569-000-9.
- Maurer, C. (2003). Cáritas. Un siècle de charité organisée en Alsace. Fédération de Charité-Cáritas d'Alsace 1903-2003. ISBN 2-7468-1167-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Caritas". www.caritas.org (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- "Caritas International". www.caritas-international.de (en alemán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
- "Web de Cáritas España". www.caritas.es. Consultado o 15 de setembro de 2022.