Gándara, Zas
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Gándara | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Gándara. | |
Concello | Zas[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°08′02″N 8°52′49″O / 43.13397222, -8.88038889 |
Poboación | 349 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.
Historia
[editar | editar a fonte]Megalitismo
[editar | editar a fonte]Hai entre 5000 e 7000 anos atopáronse mámoas coma a Mámoa do Cedreiro ou a Mámoa da Mina, entre outras 30 ou 40 mámoas da parroquia. Ten tantas ó atoparse na comarca de Soneira, abundante en mámoas. A mámoa do Cedreiro é inaccesible debido á maleza. A mámoa da Mina, de tipo portela, por onde pasaba un camiño real.
Castros
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atopáronse dous castros:
- Castro de Bico de Cruz ou das Cortellas: Chámanlle `das Cortellas´ porque a xente víalle as casiñas do castro. Curiosamente as casiñas estaban fóra da fortaleza debido ó vento. Só ían á fortaleza cando asaltaban ó castro.
- Castro de Vilaestévez: No límite con Carreira.
Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Nunha leira atopáronse restos dunha vila romana chamados Xacemento romano de Agra de Cruz . Agora están enterrados debaixo dun camiño de terra. Atopáronse moitas tégulas dos séculos II dc e III dc e un anel de pasta vítrea e cerámica `terra sigillata´ de arxila palestina elaborada en Marsella, Francia.
Idade Media
[editar | editar a fonte]No cruceiro do Sisto atopáronse estraños símbolos xudaicos no varal que non foron descifrados. En Vilar Ramilo atopáronse restos de cerámica da Baixa Idade Media.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Atopáronse nunha leira unhas torres chamadas Torres de Surribado, das que non se conserva nada. Eran de fácil defensa. No século XV pasaron ós Moscoso, por mor dunhas débedas impagadas a estes polos seus propietarios. Unha lenda di que antes de acostarse miraban para a Torre da Penela e para o Pazo de Romelle. Non moi lonxe quedan os restos dunha mámoa, non moi lonxe da que se atopou unha machada do Neolítico.
Natureza
[editar | editar a fonte]- Pico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira.
- Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Gándara
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Gándara no concello de Zas (A Coruña) | |
---|---|
Budián | Gándara | Parga | Quintáns | O Sisto | Sobreira | Vilaestévez | Vilar Ramilo |
Parroquias de Zas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |