GOG.com
GOG sp. z o.o. | |
---|---|
Logo de 2008 a 2014 | |
Linguas | Inglés, alemán, francés, polaco, ruso, chinés simplificado |
Propietario | CD Projekt |
Lanzamento | 0 de 0 de 2008 |
Na rede | |
www.gog.com | |
GOG.com (anteriormente Good Old Games) é unha plataforma de distribuición dixital para videoxogos e películas. É operado por GOG sp. z o.o., unha subsidiaria propiedade de CD Projekt con sede en Varsovia, Polonia.[1][2] GOG.com ofrece videoxogos libres DRM a través da súa plataforma dixital, dispoñible para Microsoft Windows, macOS e Linux.[3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Os bens dixitais (videoxogos e filmes) poden ser comprados, descargados en liña e distribuídos sen xestión de dereitos dixitais.[5] Os produtos dixitais de GOG.com entregarse a outras persoas a través de certificados de regalo canxeables.[6]
O usuario non ten que instalar un cliente de software especial para descargar ou executar os xogos,[7] aínda que esta dispoñible un xestor de descargas, que se eliminará gradualmente,[8] e GOG Galaxy. Despois da descarga, o consumidor é libre de usar o software para calquera uso persoal como instalalo en múltiples dispositivos,[9] gardalo en calquera medio de almacenamento persoal por tempo ilimitado, modificalo e parchéalo; coa restrición de que non se pode revendelo nin compartilo.[10] Os instaladores son tecnicamente independentes da conta do cliente, aínda que están suxeitos ao EULA de GOG.com, onde utilizase a formulación "con licenza, non vendido".[10] O modelo "con licenza, non vendido" frecuentemente expón dúbidas sobre a propiedade dos bens dixitais.[11] Na Unión Europea, o Tribunal Europeo de Xustiza sostivo que un titular dos dereitos de copyright non pode opoñerse a revenda de software dixital, de acordo coa regra de esgotamento dos dereitos de autor na primeira venda cando se transfire a propiedade, polo tanto cuestiona o EULA "con licenza, non vendido".[12][13][14][15][16][17]
Xunto cos xogos, os compradores tamén poden descargar numerosos materiais extra relacionados co xogo que compraron. Poden incluír neses extras a banda sonora orixinal do xogo (en parte como FLAC),[18] fondos de pantalla, avatares, e manuais. GOG.com tamén ofrece atención ao cliente para todas as compras e garantía de devolución do diñeiro nos primeiros 30 días.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Company-reorganization". GOG.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2017.
- ↑ "Shape your career with GOG.com". GOG.com. Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
- ↑ Nunneley, Stephany (24 de marzo de 2012). "GoG.com to become "bigger, fresher, newer" on March 27". VG24/7. Consultado o 9 de novembro de 2014.
- ↑ Vilches, Jose (19 de outubro de 2012). "Good Old Games brings all-time classics to the Mac". TechSpot. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ Caron, Frank (25 de setembro de 2008). "Good Old Games and the 'idiocy' of DRM". Ars Technica. Consultado o 27 de setembro de 2008.
- ↑ Website Help Gift certificates en GOG.com
- ↑ Caron, Frank (9 de setembro de 2008). "First look: GOG revives classic PC games for download age". Ars Technica. Consultado o 27 de setembro de 2008.
- ↑ "GOG Galaxy FAQ". Consultado o 14 de maio de 2015.
- ↑ "GOG.com FAQ". GOG.com. 27 de decembro de 2014. Consultado o 27 de decembro de 2014.
- ↑ 10,0 10,1 Academia.edu
- ↑ Walker, John (1 de febreiro de 2012). "Thought: Do We Own Our Steam Games?". Rock, Paper, Shotgun. Consultado o 27 de decembro de 2014.
- ↑ Purewal, Jas. "The legality of second hand software sales in the EU". gamerlaw.co.uk.(mirror on gamasutra.com)
- ↑ hg/mz (AFP, dpa) (3 de xullo de 2012). "Oracle loses court fight over software resale rules". Deutsche Welle. Consultado o 30 de decembro de 2014.
- ↑ Voakes, Greg (3 de xullo de 2012). "European Courts rule in Favor of Consumers reselling downloaded Games". Forbes. Consultado o 30 de decembro de 2014.
- ↑ "Judgment of the Court (Grand Chamber)". InfoCuria – Case-law of the Court of Justice. 3 de xullo de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2014.
- ↑ Timothy B. Lee (3 de xullo de 2012). "Top EU court upholds right to resell downloaded software". Ars Technica.
- ↑ "EU Court OKs Resale of Software Licenses". ABC News. Associated Press.
- ↑ Devore, Jordan (31 de xaneiro de 2014). "How nice: GOG.com adds 31 FLAC soundtracks". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2014.
- ↑ Griffiths, Daniel Nye (9 de decembro de 2013). "Good Guy GOG? Online Games Merchant Offers Money-Back Guarantee". Forbes. Consultado o 29 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: GOG.com |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)