Gañemos
Gañemos | |
---|---|
Tipo | coalición electoral |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gañemos (Ganemos nos territorios monolingües en castelán) é a denominación inspirada na catalá Guanyem dada a unha serie de plataformas cidadás creadas en toda España, independentes entre si e nacidas co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015. Están inspiradas na plataforma Guanyem Barcelona, que foi presentada a finais de xuño de 2014.[1][2][3]
Guanyem Barcelona
[editar | editar a fonte]Guanyem Barcelona foi unha iniciativa cidadá, non pechada, que sumou as forzas de organizacións políticas xa existentes coma ICV, as CUP, Podemos, Procès Constituent ou o Partido X,[4] ademais de movementos sociais e outros colectivos. Está sendo promovida por Ada Colau despois de que esta deixara o posto de voceira da Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Tiña como obxectivo presentarse á alcaldía de Barcelona nas eleccións municipais de España de 2015.
Máis de 2 000 persoas asistiron ao lanzamento da iniciativa na reunión pública Collaso i Gil no Barrio do Raval de Barcelona o 26 de xuño de 2014. A plataforma fixou o obxectivo de recoller 30 000 sinaturas de apoio ao seu manifesto inicial para setembro de 2014. Finalmente conseguiron o límite de sinaturas en agosto de 2014. Entre os voceiros de Guanyem de Barcelona atopábanse a ex-activista anti-desaloxos Ada Colau, Jaume Asans, Gerardo Pisarello, Gala Pin e Joan Subirats.
A nova coalición non se puido presentar coa marca Guanyem ás eleccións municipais porque uns días antes, Luis Salom, un asesor do PP[5][6] no concello de Valencia, rexistrara as marcas "Guanyem Barcelona" e "Guanyem Valencia". Igualmente, a denominación de "Guanyem" tamén se rexistrara en tódolos idiomas o 26 de agosto de 2014 por un particular, Julián de Fabián López, concelleiro de Santa Maria de Palautordera (Barcelona) e candidato número un da plataforma Hartos.org.[7] Ada Colau e a plataforma presentaron unha denuncia pola usurpación da marca.[8]
O 10 de febreiro de 2015, presentouse publicamente o acordo definitivo de confluencia entre os partidos Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent e Podemos, baixo a nova denominación Barcelona en Comú.[9]
Programa
[editar | editar a fonte]As súas axendas políticas, que están sendo desenvoltas de forma colectiva, incluíndo a defensa da xustiza e os dereitos da comunidade,[10] a promoción dos orzamentos participativos e a planificación e a introdución de mecanismos para facer fronte á corrupción.
Outros Ganemos
[editar | editar a fonte]Desde o seu lanzamento incrementáronse iniciativas similares noutras cidades españolas co prefixo Ganemos ou Guanyem, xa que Guanyem Barcelona cedeu a súa marca[11][12][13] sempre que se cumpran os requisitos de ter un perfil cidadán, que non estean controladas por partidos políticos e que leven a cabo un proceso democratizador.[14] Porén, Guanyem Barcelona aclarou que non avalará esas candidaturas.[15]
O caso Pujol
[editar | editar a fonte]O 2 de setembro de 2014, Guanyem Barcelona xunto a Podemos, iniciou unha querela contra a familia do expresidente catalán Jordi Pujol i Soley, despois de que admitise a fraude fiscal. Esa querela provocou a imputación do seu fillo Oleguer Pujol e o rexistro da súa casa.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Colectivos sociales se inspiran en Ada Colau y preparan candidaturas en otras ciudades Arquivado 28 de outubro de 2014 en Wayback Machine., El boletin.com, 26/7/2014
- ↑ Ganemos “apuesta fuerte” por “tomar” Madrid a la espera de unir a Podemos, El País, 4/11/2014
- ↑ ¿Qué es Ganemos?, eldiario.es, 24/9/2014
- ↑ Moreno Mendieta, Miguel (24-05-2015). "¿Cómo se llama la lista de Podemos en mi ciudad?". cincodias.elpais.com. Consultado o 19-12-2018.
- ↑ "Guanyem Barcelona denunciará a un asesor del PP por solicitar el registro de la marca". cronicaglobal.elespanol.com. 05-09-2014. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ Terrassa, Rodrigo (21-03-2015). "Guanyem cambia de nombre en Valencia porque la marca la registró un asesor municipal del PP". www.elmundo.es. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ "Guanyem se llama ahora Barcelona en Comú". estrelladigital.es. 10-02-15. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ "Guanyem Barcelona denuncia usurpación de su nombre con la complicidad de Interior". revistarambla.com. 17-12-2014. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ Blanchar, Clara (20-02-2015). "Colau aspira a quitar la alcaldía a CiU impulsada por la división del voto". elpais.com. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ O'Sullivan, Feargus (27 de agosto de 2014). "Barcelona Organizes Against 'Binge Tourism'—and Eyes a Street Protester for Mayor". City Lab. Consultado o 11 de outubro de 2014.
- ↑ "El fenómeno 'Ganemos' se expande fomentando alianzas entre el 15-M y la izquierda". 20minutos.es. 17-08-2014. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ http://www.eldiario.es/politica/Guanyem-Ganemos-apuesta-municipal-extiende_0_290121630.html
- ↑ "Guanyem Barcelona se extiende a Madrid, Málaga, Las Palmas… y decenas de ciudadaes y pueblos de todo el Estado español". www.kaosenlared.net/. 7 de agosto de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014.
- ↑ "Guanyem cederá su marca a plataformas ciudadanas afines que se presenten a las municipales". lavanguardia.com. 31-07-2014. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ Delàs, Marià de (16-09-2014). ""Guanyem no avalará a partidos que se hunden disfrazados con la marca Ganemos"". publico.es. Consultado o 15-12-2018.
- ↑ VV.AA. (23-10-2014). "Oleguer Pujol sale en libertad con cargos tras negarse a declarar". elpais.com. Consultado o 15-12-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guanyembarcelona.cat Arquivado 07 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- Ganemos Madrid
- ¿Qué es Ganemos?, eldiario.es, 24/9/2014