Saltar ao contido

Gabino Díaz de Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabino Díaz de Herrera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, caída de altura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1250550

Gabino Díaz de Herrera Iglesias, coñecido como Mauro do Sil, nado no Barco de Valdeorras o 22 de novembro de 1906 e finado na Coruña o 12 de febreiro de 1983, foi un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Díaz de Herrera, capitán de Infantaría, e Brenda Lucrecia Iglesias, dunha rica familia de viñateiros. Estudou o bacharelato na Coruña. Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e frecuentou os parladoiros do Café Español. Marchou a Madrid en 1925, onde rematou a carreira. Publicou poemas en Galicia Gráfica, Vida Gallega, Almanaque Gallego e Cristal. En 1927 publicou o poemario Abril e ao ano seguinte apareceu a súa tradución ao castelán de El Teniente azul de Colette-Willy. En 1933 obtivo o premio de poesía no concurso da Asociación da Prensa de León e o premio do certame de poesía do Concello de Lugo. Despois da guerra civil publicou poemas en Cartel. Desde os anos corenta traballou como arquiveiro na Biblioteca Nacional de Madrid. Ao morrer a súa muller trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia da Coruña. Finou na Coruña o 12 de febreiro de 1983.[1]

  • Abril, 1927.
  • Azar marinero. Persuasión de amor y gallardetes amistosos, 2007.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Guitián Barreiro.

  1. La Voz de Galicia, 13-2-1983, p. 27, 52.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]