Saltar ao contido

Gabriel Rei-Doval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Rei-Doval
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
O Baño, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, filólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin–Milwaukee Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1149469 BUSC: rei-doval-gabriel-1967 Dialnet: 918876

Gabriel Rei-Doval Grela, nado no Baño[1] (Mugardos) en 1967, é un profesor, escritor e sociolingüista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de facer o bacharelato en Mugardos, estudou filoloxía na Universidade de Santiago, onde se licenciou e fixo a tese de doutoramento. Foi na USC onde comezou a investigar sobre sociolingüística e onde tiveron orixe as súas primeiras obras no eido.

Lector de lingua galega no Queen's College da Universidade de Oxford, baixo a supervisión de John Rutherford, e na Universidade de Birmingham, ás ordes de David Mackenzie, entre 1998 e 2003, en 2004 marchou a Milwaukee a dar clase na Universidade de Wisconsin-Milwaukee, no departamento de linguas castelá e lusófona.

Impulsor dos estudos galicianistas, foi directivo da AIEG. Colabora desde hai anos co xornal dixital Galicia Confidencial.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou para os Estados Unidos[1].

  1. 1,0 1,1 Hermida, Patricia (2024-09-15). "Gabriel Rei-Doval, de Mugardos a Wisconsin: «Levo vinte anos en EE.UU. e sigo escribindo en galego, faime feliz»". La Voz de Galicia. Consultado o 2025-02-09.