Gabrielle (filme de 2013)
Aparencia
Gabrielle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gabrielle |
Director | Louise Archambault |
Produtor | Kim McCraw Luc Déry |
Guión | Louise Archambault |
Intérpretes | Gabrielle Marion-Rivard Mélissa Désormeaux-Poulin Alexandre Landry Robert Charlebois |
Fotografía | Mathieu Laverdière |
Montaxe | Richard Comeau |
Estrea | Festival de Locarno: 12 de agosto de 2013 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Canadá |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.gabrielle-lefilm.ca/ | |
Gabrielle é un filme canadense de 2013 dirixido por Louise Archambault e protagonizado por Gabrielle Marion-Rivard no papel de Gabrielle, unha muller nova con síndrome de Williams que participa nun coro para adultos con discapacidades. Alí comeza unha relación romántica co seu compañeiro de coro Martin (Alexandre Landry).
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno o 12 de agosto de 2013. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gabrielle Marion-Rivard como Gabrielle
- Alexandre Landry como Martin
- Mélissa Désormeaux-Poulin como Sophie
- Vincent-Guillaume Otis como Rémi
- Benoit Gouin como Laurent
- Sébastien Ricard como Raphael
- Marie Gignac como nai de Martin
- Isabelle Vincent como nai de Gabrielle
- Robert Charlebois como el mesmo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar