Saltar ao contido

Un 32 août sur terre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un 32 août sur terre
Ficha técnica
Título orixinalUn 32 août sur terre
DirectorDenis Villeneuve
ProdutorRoger Frappier
GuiónDenis Villeneuve
IntérpretesPascale Bussières
Alexis Martin
FotografíaAndré Turpin
MontaxeSophie Leblond
Estrea17 de setembro de 1998
Duración88 minutos
Orixe Canadá
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0156248 Filmaffinity: 219849 Allocine: 17755 Rottentomatoes: m/august_32nd_on_earth Allmovie: v162428 TCM: 523430 Editar o valor en Wikidata

Un 32 août sur terre é un filme canadense de 1998 dirixido e escrito por Denis Villeneuve, no seu debut como director. Foi producido por Roger Frappier. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1998.[1] Alexis Martin gañou o Prix Jutra ó mellor actor. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2][3]

Despois dun accidente de tráfico que a deixa ilesa mais completamente devastada, a modelo Simone Prévost pon en dúbida toda a súa vida. Deixa o seu traballo, cancela unha viaxe que debía facer a Italia e vai buscar a Philippe, o seu mellor amigo, ao que lle pide ter un fillo. Este último acepta reticente coa condición de que o neno sexa concibido no deserto. Polo tanto, partirán cara ao deserto de Salt Lake City.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Paule Baillargeon como doutor no hospital
  • Emmanuel Bilodeau como mellor amigo de Philippe
  • Pascale Bussières como Simone Prévost
  • R. Craig Costin como dependente do alugamento de coches
  • Joanne Côté como Monica
  • Frédéric Desager como Stéphane
  • Estelle Esse como Leather shop clerk
  • Lee C. Fobert como condutor de Salt Lake City
  • Venelina Ghiaourov como enfermeira
  • Richard S. Hamilton como taxista
  • Marc Jeanty como Janvier
  • Alexis Martin como Philippe
  • Evelyne Rompré como Juliette
  • Ivan Smith como doutor
  • Serge Thériault como condutor
  • Jim Levesque como cliente no café
  1. Festival-Cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: August 32nd on Earth". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de outubro de 2009. 
  2. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
  3. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (19 de novembro de 1998). "45 Countries Submit Films for Oscar Consideration". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 1999. Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]