Gaelic Grounds
Gaelic Grounds Páirc na nGael | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 52°40′13″N 8°39′15″O / 52.670139, -8.654194 |
Localización | Limerick (Irlanda) |
Construción | |
Inauguración | 1928 e 2004 |
Renovación | 2004 |
Estadio | |
Capacidade | 49.866[1] |
Propietario | Limerick GAA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gaelic Grounds (en irlandés: Páirc na nGael) é un estadio situado na cidade irlandesa de Limerick propiedade da Gaelic Athletic Association na que se disputan partidos de hurling e fútbol gaélico.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1926 a sección local da GAA mercou unha granxa na zona de Ennis Road para utilizalo como terreo de xogo, tras acondicionalo inaugurouse dous anos despois cun encontro de hurling xuvenil. En 1932 un comité encargado do desenvolvemento do campo tomou as primeiras medidas para a súa mellora: nivelar o terreo, erixir unha tribuna e pechar o terreo cun muro. Nos anos cincuenta xa tiña unha capacidade para 50.000 espectadores. En 1958 erixiuse unha nova tribuna e entre 1986 e 1988 remodelouse completamente o estadio, unha nova modificación realizouse en 2004 ao construírse unha tribuna con capacidade para 12.000 seareiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Limerick". Munster GAA. Consultado o 17 de febreiro de 2014.