Gairesa
Gairesa | |
---|---|
![]() | |
![]() Gairesa Teimper, Fene (A Coruña) | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1980 |
Localización | Lago, 15551 Valdoviño (A Coruña) ![]() |
Persoas clave | Senén Paz Abuín (xerente) |
Industria | Química |
Produtos | adhesivos, revestimentos, impermeabilizantes, morteiros, resinas para materiais compostos |
Beneficio | 12,1 millóns de euros (en 2007)[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gairesa é unha empresa galega con sede en Lago, Valdoviño (A Coruña) adicada á industria química principalmente nos sectores da construción e a industria. Gairesa ten a empresa Teimper, con sede en Fene (A Coruña), adicada a dar servizo aos seus clientes empregando os seus produtos.
Historia
[editar | editar a fonte]Gairesa foi fundada en Valdoviño adicándose á formulación, produción e aplicación de tratamentos químicos. Resinas de epoxi, adhesivos industriais, revestimentos ou aplicacións industriais. Gairesa é unha empresa pioneira en España en novos materiais, na investigación de produtos especiais para arquitectura e na enxeñería en proxectos punteiros.
A empresa adícase á investigación de produtos, innovación, deseñando e fabricando produtos “a medida” segundo o tipo de aplicación e requirimentos técnicos dos clientes.
Na actualidade, Gairesa fabrica produtos para tratamentos na construción, aplicacións especiais baseadas en composites para enxeñería de pontes, industria eólica, náutica ou aeronáutica.
Nos últimos anos a empresa está a traballar en proxectos de nanotecnoloxía aplicada a resinas[2].
Produtos
[editar | editar a fonte]- Produtos epoxídicos
- Produtos acrílicos
- Produtos poliuretanos
- Produtos polisulfuros
- Produtos varios
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gairesa se reorienta hacia materiales de construcción. Expansión. 24 de maio de 2007". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 04 de novembro de 2012.
- ↑ Gairesa salta a la nanotecnología. La Voz de Galicia