Gaiteiros de Lisboa
Gaiteiros de Lisboa | |
---|---|
Na rede | |
Gaiteiros de Lisboa é unha banda portuguesa creada en 1991 con varios CDs editados e con actuacións en toda a Península Ibérica, desde a súa estrea en directo o 21 de marzo de 1994.
Editan o seu primeiro disco, Invasões Bárbaras, en 1995. En 1997 editaron o disco Bocas do Inferno.
No ano 2002 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta. O disco "Sátiro" editouse en 2006. En 2007, formando parte da selección oficial da Womex, percorreron varios lugares dentro e fóra de Portugal.
En 2012, os Gaiteiros de Lisboa presentaron o seu quinto álbum Avis Rara, lanzado por d'Eurídice, división editorial da d'Orfeu Associação Cultural. Convertéronse tamén no primeiro proxecto nacional que participaba no festival Festim.
Nas actuacións e directo destacan pola súa enerxía e pola utilización dunha percusión potente e variada.
Discografía
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum | Editora |
---|---|---|
1995 | Invasões Bárbaras | Farol Música |
1997 | Bocas do Inferno | Farol Música |
2000 | Dança Chamas | Farol Música |
2002 | Macaréu | Aduf Edições |
2006 | Sátiro | Adufmúsica/Sony |
2012 | Avis Rara | D'Eurídice |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 16 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en portugués) (en inglés)